martes, 17 de diciembre de 2019

Luis Zahera. O actor de cine...

O 13 de decembro visitou o CEIP de Ponte Sampaio o actor Luis Zahera, como broche final ao primeiro trimestre no que o colexio está traballando o proxecto do cine. 
O alumnado e profesorado leva xa unhas semanas preparando esta visita e investigando sobre a súa vida, as súas películas... e preparando o centro educativo para a súa visita: fixemos un mural, elaboramos unha presentación multimedia sobre a súa vida, preparamos un cadro para grabar as súas pegadas, debuxamos caricaturas súas, etc. 
Á súa chegada ao cole fixemos unha pequena exposición e resumo da súa vida e logo Luis Zahera falou co alumnado e profesorado e explicoulles como era a vida dos actores, que cousas lle gustaban máis e menos da súa profesión, como se sentira ao recibir o Goya... 
Os nenos fixéronlle preguntas moi interesantes, por exemplo: 
Cal era a túa materia preferida no colexio? “Educación Física”. 
Gústanche as matemáticas? “ a min as matemáticas non me entran na cabeza”.
Cando decidiches ser actor? “o 12 de febreiro de 1982 fun coa miña irmá ao teatro e namoreime da profesión; vós, algún día, atoparedes algo que vos guste tanto que saberedes que ese é o voso camiño e deberedes seguilo”. 
Se puideses ser unha persoa diferente por un día, quen serías? “sería un neno/a coma vós, é máis eu sigo sendo un neno”.
 Fixeches algunha vez algunha película de vaqueiros? “non, e mira que me gustaban na súa época” Cal foi o personaxe que máis che gustou facer? “o que recordo con máis cariño é o do Petróleo, en Mareas Vivas”. 
Comentounos tamén que non lle gustaban nada as películas de medo nin os musicais e o alumnado deuse conta de que a pesar de que sempre facía de malo nas películas e series, na vida real non é así, senón todo o contrario... é moi amable e cariñoso cos nenos/as e moi empático e atento; ademais, tampouco di palabrotas... como en todas as súas películas. 
Logo da entrevista todo o alumnado fixo fotos de grupo con el, asinounos algún autógrafo e por último deixou as súa pegadas no noso mural e fixémoslle un pequeno agasallo con moito cariño.











domingo, 1 de diciembre de 2019

La Cadena Trófica | Videos Educativos para Niños

Animales Vertebrados | Videos Educativos para Niños

Animales Invertebrados | Videos Educativos para Niños

Os seres vivos

Os traballos en grupo resúltannos un pouco complexos, pero iso non quere dicir que non o intentemos facer ben. E cada día sáenos un pouquiño mellor.
Aquí nos tedes traballando o esquema e o resumo xunto cos animais, ecosistemas, algas...











Os nosos cartaces do 25 N

Co gallo da conmemoración do 25 N estivemos traballando na aula os cartaces, e este foi o resultado.

 LEMBRADE QUE O MÁIS IMPORTANTE É TRABALLAR  TODOS OS DÍAS REXEITANDO A VIOLENCIA, EDUCAMOS EN IGUALDADE.