Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Primaria do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
domingo, 14 de junio de 2020
Parabéns Edu
viernes, 12 de junio de 2020
Actividades para o venres 12 de xuño
E xa rematou a semana... a gozar da fin de semana agora.
Este reforzo ímolo realizar a través do snappet e vai ser individual para cada neno/a (de tal xeito que non colgarei información dos contidos a traballar aquí porque son individuais) e apareceralle na bandexa de snappet de listas de traballo.
O traballo irá dedicado a reforzar aqueles contidos nos que obtivestes menos éxito e máis a realizar aqueles que vos foron quedando atrás ao longo dos
meses.
Engadirei a lista de traballo
todas as semanas e dedicaremos as sesións do venres a este reforzo do reforzo.
lunes, 8 de junio de 2020
Actividades para luns 8 de xuño
martes, 19 de mayo de 2020
Actividades para o martes 19 de maio
sábado, 16 de mayo de 2020
viernes, 15 de mayo de 2020
martes, 12 de mayo de 2020
sábado, 9 de mayo de 2020
Parabéns Andrea
jueves, 30 de abril de 2020
Os nosos maios
O maio de Diego Barral.
O maio de Luis.
A cantiga de maio e o maio de Diego Iglesias.
Actividades para o xoves 30 de abril
Ánimo e a goza duns días de descanso.
Ciencias Socias: imos continuar co traballo da Prehistoria e pasamos xa ao Neolítico.
Quero que vexades en 1º lugar o vídeo que vos deixo a continuación e logo lemos na plataforma ou na imaxe que vos deixo de seguido as páxinas 100 e 101.
Unha vez teñamos lidas as páxinas imos facer un resumo ou un esquema do máis importante e despois a ficha de repaso que vos deixo en Saviadixital ou na aula virtual.
Inglés: a profe Alba deixouvos tarefa na aula virtual.
Matemáticas: o profe Avelino deixouvos tarefa na aula virtual.
Os maios: se estivésemos no colexio hoxe tocaría preparar o noso maio, así que imos facelo dende a casa.
Gustaríame que fixésede un maio, lembrades que levaba? fiúncho, flores, ovos, laranxas... e o que a vosa imaxinación diga. Podedes facelo de distintas maneiras: en 3D con forma de cono e engadindo os distintos materiais supospostos, en cartolina a modo de collage cos materiais que desexades ou en papel, pintándoo, ou como a vós se vos ocorra (que a veces tedes máis imaxinación ca min).
Unha vez que temos o maio feito, toca cantar... e para cantar precisamos ter a canción dos maios; así que agora toca inventar un pequeno poema para cantar.
Cando rematedes mandádeme unha foto ou un vídeo do voso traballo, tanto do maio como da cantiga; e subímola ao blog.
miércoles, 29 de abril de 2020
Impresionante Sara á guitarra.
Actividades para o mércores 29 de abril
Lengua Castellana: agora que xa coñecemos distintas categorías gramaticais, imos facer un mapa conceptual das categorias gramaticais que levamos repasadas ata o momento (deixade un oco para as que nos faltan para írmolo ampliando).
De momento repasamos: o substantivo, o adxectivo, os determinantes artigos, os determinantes demostrativos, os determinantes posesivos e os pronomes persoais. Se queredes practicara antes no snappet, déixocos un repaso.
Quero que me fagades un mapa conceptual no que incluades a definición de cada categoría gramatical e algún exemplo (se son pouco como os posesivos, os demostrativos..., podemos poñelos todos).
Déixovos un exemplo de como podeder ir completando o mapa.
Música: no blog de música tedes as tarefas do profe Sergio.
Educación Física: animádevos a facer algunha das tarefas do profe Iago, visitade o padlet.
Informática: o profe Avelino deixouvos tarefas na aula virtual, pero se o preferides podedes practicar a facer o mapa conceptual co programa Buble.us que vos ensinou o profe Avelino.
lunes, 27 de abril de 2020
Actividades para o luns 27 de abril
Que tal a 1º saída de onte? Seguro que xenial...
Hoxe toca repetir, non?
Pasádeo ben e gozade do tempo ao aire libre e da natureza (os que poidades).
Lembrade que temos que continuar lendo "La maravillosa medicina de Jorge", xa imos polo capítulo 3.
Matemáticas: o profe Avelino déixouvos as actividades na aula virtual (buscade na materia de Matemáticas).
Lengua Castellana: empezamos a semana traballando un pouquiño a ortografía, xa que ás veces cometemos uns erros!! repasamos hoxe cando empregamos a letra "h". A letra "h" non é fácil de aprender porque a xustificación en moitas ocasións é etimolóxica e non a ides entender ata que esteades na universidade (se estudades unha filoloxía claro), así que hai que ir aprendendo estas palabriñas e estas pouquiñas regras para non cometer moitos erros.
Lembrade que no blog das profes Carmen e Pamela temos moitos exercicios de ortografía para practicar en liña, e sobre a letra "h" tamén teñen. http://pt-al-pontesampaio.blogspot.com/2020/04/a-ortografia.html
Inglés: tedes unha nova actividade de profe Alba na aula virtual.
Lingua Galega: lembrades a saída de onte? Pois quero que me fagades unha redacción sobre a vosa saída, tédesme que dicir a onde fostes, con quen, canto tempo tardastes, como vos sentistes, que botastes en falta e todo o que se vos ocorra.
Facédeo nun folio e con boa letra e boa presentación, lembrade deixar marxes e escribir en bolígrafo (se o facedes en lapis, despois tedes que repasalo); a presentación é moi importante. Unha vez o rematedes revisade os posibles erros ortográficos, o uso das maiúsculas, a puntuación, etc.
Aquí tedes unhas recomendacións para redactar ben.
1º Ordear as ideas do que imos contar (podemos facer un borrador ou anotalas nun folio en sucio).
2º Redactar frases curtas, poñede puntos sempre que sexa necesario.
3º. Non usedes moitos adxectivos nin palabras raras, non axuda a comprender ben o escrito, ao contraio (isto non é unha descrición).
4º Revisádeo as veces que fagan falta.
5º. Non estás falando cun amigo, estás escribindo unha redacción; esfórzate.
6º. Usa puntos, comas, puntos e coma, dous puntos, punstos suspensivos... a puntuación é moi importante para entender os textos.
Ciencias Sociais: continuamos coa prehistoria, vale? Ímonos adentrar hoxe no estudo do Paleolítico, lembrádesvos? É a 1º etapa da Prehistoria, na que os homes e mulleres eran nómades, vivían covas, dedicávanse á caza e á pesca... seguro que si.
Tedes que ler as páxinas 98 e 99 do libro (podedes acceder a el na plataforma Savidixital) e despois facerme un pequeno resumo ou esquema (o que vos sexa máis sinxelo) da páxina 98.
Cando xa teñades iso feito realizades os exercicios 5,6 e 9 da páxina 99.
Déixovos uns vídeos sobre o paleolítico e as imaxes das páxinas do libro.
Se hoxe non vos dá tempo rematades mañá que imos seguir traballando sobre o paleolítico.
sábado, 25 de abril de 2020
Imos pasear?
Que ides facer?
Que é o que máis vos apetece?
Algúns xa mo contastes, pero gustaríame vervos e que vos poidades ver entre vós... mandádesme unhas fotos dese gran día? ou un vídeo? Así publicámolas aquí... como se todos estivésedes de cumple...
Pero lembrade que temos que saír cumprindo as normas.






















































