jueves, 30 de abril de 2020

Os nosos maios

Aquí vos deixamos os nosos maios, agardamos que vos gusten.
O maio de Diego Barral.

O maio de Luis.


O maio de Aroa.

O maio de Andrea e a súa cantiga.



O maio de Breixo.


O maio de Ánxela.



A cantiga de maio e o maio de Diego Iglesias.

O maio de Tomé.

Actividades para o xoves 30 de abril

Este é último día lectivo da semana.

Ánimo e a goza duns días de descanso.

Ciencias Socias: imos continuar co traballo da Prehistoria e pasamos xa ao Neolítico.
Quero que vexades en 1º lugar o vídeo que vos deixo a continuación e logo lemos na plataforma ou na imaxe que vos deixo de seguido as páxinas 100 e 101.
Unha vez teñamos lidas as páxinas imos facer un resumo ou un esquema do máis importante e despois a ficha de repaso que vos deixo en Saviadixital ou na aula virtual.







Inglés: a profe Alba deixouvos tarefa na aula virtual.

Matemáticas: o profe Avelino deixouvos tarefa na aula virtual.

Os maios: se estivésemos no colexio hoxe tocaría preparar o noso maio, así que imos facelo dende a casa.
Gustaríame que fixésede un maio, lembrades que levaba? fiúncho, flores, ovos, laranxas... e o que a vosa imaxinación diga. Podedes facelo de distintas maneiras: en 3D con forma de cono e engadindo os distintos materiais supospostos, en cartolina a modo de collage cos materiais que desexades ou en papel, pintándoo, ou como a vós se vos ocorra (que a veces tedes máis imaxinación ca min).
Unha vez que temos o maio feito, toca cantar... e para cantar precisamos ter a canción dos maios; así que agora toca inventar un pequeno poema para cantar.
Cando rematedes mandádeme unha foto ou un vídeo do voso traballo, tanto do maio como da cantiga; e subímola ao blog.












O MAIO

Aí vén o maio

de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.


Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...



Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...



Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.


Manuel Curros EnríquezAires da miña terra

miércoles, 29 de abril de 2020

Impresionante Sara á guitarra.

Sara está aproveitando para perfeccionar o seu dominio da guitarra.
Que vos parece? Fantástica verdade.



Actividades para o mércores 29 de abril

Lingua Galega: hoxe imos repasar os pronomes persoais en galego no snappet.



Lengua Castellana: agora que xa coñecemos distintas categorías gramaticais, imos facer un mapa conceptual das categorias gramaticais que levamos repasadas ata o momento (deixade un oco para as que nos faltan para írmolo ampliando).
De momento repasamos: o substantivo, o adxectivo, os determinantes artigos, os determinantes demostrativos, os determinantes posesivos e os pronomes persoais. Se queredes practicara antes no snappet, déixocos un repaso.
Quero que me fagades un mapa conceptual no que incluades a definición de cada categoría gramatical e algún exemplo (se son pouco como os posesivos, os demostrativos..., podemos poñelos todos).

Para elaborar un mapa conceptual sigue estes pasos:
·         Identifica o tema: “categorías gramaticais”.
·         Busca a maior cantidade de información acerca do tema para que poidas destacar as ideas principais.
·         Identifica os conceptos sobre  o tema que consideres máis relevantes e necesarios para poder explicar a idea central, resumíndoos na súa idea principal ou palabras claves: “substantivos, adxectivos, determinantes artigos, determinantes demostrativos, determinantes posesivos, pronomes persoais…”.
·         Inicia o mapa encerrando o título nun recadro na parte superior da folla ou no centro.
·         Conecta o título do mapa conceptual cos conceptos principais por medio dunha liña recta.
·         Formula en primeiro lugar os conceptos máis importantes na parte superior da folla ou no centro ata colocar os conceptos menos importantes na parte inferior ou máis lonxe do centro. Debes incluír neste caso a definición dos conceptos e os exemplos.

·         Unha vez que culmines a elaboración do mapa conceptual, le o traballo de principio a fin para que te asegures que o tema principal foi correctamente desenvolto.



Déixovos un exemplo de como podeder ir completando o mapa.






Distintas visións dun mesmo tema. 
Estes son algúns dos vosos traballos (os primeiros en chegar) e a verdade estou moi orgullosa do voso traballo.



  Música: no blog de música tedes as tarefas do profe Sergio.

Educación Física: animádevos a facer algunha das tarefas do profe Iago, visitade o padlet.

Informática: o profe Avelino deixouvos tarefas na aula virtual, pero se o preferides podedes practicar a facer o mapa conceptual co programa Buble.us que vos ensinou o profe Avelino.

Clica na imaxe para acceder.


martes, 28 de abril de 2020

Actividades para o martes 28 de abril

Lingua Galega: imos repasar en galego o vocabulario da familia, lembrades? avó, avoa, pai, nai, curmán, curmá, sogro, sogra... e ao rematar o snappet gustaríame que me fixésedes unha árbore xenealóxica, para ver se entendedes ben todas as palabras (non fai falla nin fotos nin debuxos nin nada diso, só os nome, o parentesco e a relación entre eles).

Lengua Castellana: continuamos coa gramática, agora toca repasar os pronomes persoais no snappet. Lembra que os pronomes persoais son as palabras que substitúen os nomes en algunhas frases.





Matemáticas: revisade na aula virtual as actividades do profe Avelino.

Inglés: a profe Alba deixouvos as actividades na aula virtual.

Ciencias Sociais: continuamos co estudo do Paleolítico. Na plataforma savidixital podedes ver a presentación do paleolítico, realizar o encrucillado en liña e a continuación facer a tarefa que vos asignei. Deixo unha copia da actividade que é impresa na aula virtual para aqueles que non podedes vela ben na plataforma; as actividades en liña agardo que non teñades problemas para realizalas.

lunes, 27 de abril de 2020

Actividades para o luns 27 de abril

Comeza a semana.
Que tal a 1º saída de onte? Seguro que xenial...
Hoxe toca repetir, non?
Pasádeo ben e gozade do tempo ao aire libre e da natureza (os que poidades).

Lembrade que temos que continuar lendo "La maravillosa medicina de Jorge", xa imos polo capítulo 3.

Matemáticas: o profe Avelino déixouvos as actividades na aula virtual (buscade na materia de Matemáticas).

Lengua Castellana: empezamos a semana traballando un pouquiño a ortografía, xa que ás veces cometemos uns erros!! repasamos hoxe cando empregamos a letra "h". A letra "h" non é fácil de aprender porque a xustificación en moitas ocasións é etimolóxica e non a ides entender ata que esteades na universidade (se estudades unha filoloxía claro), así que hai que ir aprendendo estas palabriñas e estas pouquiñas regras para non cometer moitos erros.
Lembrade que no blog das profes Carmen e Pamela temos moitos exercicios de ortografía para practicar en liña, e sobre a letra "h" tamén teñen. http://pt-al-pontesampaio.blogspot.com/2020/04/a-ortografia.html




Inglés: tedes unha nova actividade de profe Alba na aula virtual.

Lingua Galega: lembrades a saída de onte? Pois quero que me fagades unha redacción sobre a vosa saída, tédesme que dicir a onde fostes, con quen, canto tempo tardastes, como vos sentistes, que botastes en falta e todo o que se vos ocorra.
Facédeo nun folio e con boa letra e boa presentación, lembrade deixar marxes e escribir en bolígrafo (se o facedes en lapis, despois tedes que repasalo); a presentación é moi importante. Unha vez o rematedes revisade os posibles erros ortográficos, o uso das maiúsculas, a puntuación, etc.
Aquí tedes unhas recomendacións para redactar ben.
1º Ordear as ideas do que imos contar (podemos facer un borrador ou anotalas nun folio en sucio).
2º Redactar frases curtas, poñede puntos sempre que sexa necesario.
3º. Non usedes moitos adxectivos nin palabras raras, non axuda a comprender ben o escrito, ao contraio (isto non é unha descrición).
4º Revisádeo as veces que fagan falta.
5º. Non estás falando cun amigo, estás escribindo unha redacción; esfórzate.
6º. Usa puntos, comas, puntos e coma, dous puntos, punstos suspensivos... a puntuación é moi importante para entender os textos.



O último anuncio publicitario da Xunta de Galicia sobre o Covid-19 en teoría é a redacción dun neno coma vós, un pouco ambiciosa ao meu entender pero sei de sobra que vós seríades quen de facelo. Ánimo.
Ciencias Sociais: continuamos coa prehistoria, vale? Ímonos adentrar hoxe no estudo do Paleolítico, lembrádesvos? É a 1º etapa da  Prehistoria, na que os homes e mulleres eran nómades, vivían covas, dedicávanse á caza e á pesca... seguro que si.
Tedes que ler as páxinas 98 e 99 do libro (podedes acceder a el na plataforma Savidixital) e despois facerme un pequeno resumo ou esquema (o que vos sexa máis sinxelo) da páxina 98.
Cando xa teñades iso feito realizades os exercicios 5,6 e 9 da páxina 99.
Déixovos uns vídeos sobre o paleolítico e as imaxes das páxinas do libro.

Se hoxe non vos dá tempo rematades mañá que imos seguir traballando sobre o paleolítico.







sábado, 25 de abril de 2020

Xa estamos preparados... e vós?




Clica na imaxe para ver o vídeo.



E vós? Que ides facer?

Imos pasear?

Por fin... despois de tanto tempo na casa podedes ir dar un paseo.
Que ides facer?
Que é o que máis vos apetece?
Algúns xa mo contastes, pero gustaríame vervos e que vos poidades ver entre vós... mandádesme unhas fotos dese gran día? ou un vídeo? Así publicámolas aquí... como se todos estivésedes de cumple...

Pero lembrade que temos que saír cumprindo as normas.