lunes, 20 de enero de 2020

Terapia canina

O mércores 15 de xaneiro o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º participou no centro nun OBRADOIRO EDUCACIÓN EN VALORES sobre a Terapia con animais.
O taller iniciouse cunha charla grupal, onde se explican as normas de comportamento, se presenta aos cans da terapia e as súas características, e explican brevemente o labor que realizan. Traballaron no chan ao redor do can, buscando contacto e cercanía para ter unha charla distendida na que se traballa a SOLIDARIDADE, TRABALLO EN EQUIPO, RESPECTO e que todos somos SERES ÚNICOS. Tanto a entrada como a despedida fíxose en silencio, empregando a linguaxe de signos.

Todo o alumnado do centro que participou na actividade quedou moi satisfeito e aprenderon moito sobre os animais, os seus coidados, as súas virtudes, as axudas que nos prestan...