martes, 27 de octubre de 2020

As sílabas

 Levamos unhas semanas traballando sobre as sílabas, tipos de sílabas, clase de palabras segundo o número de sílabas, clases de palabras segundo a sílaba tónica...

Deixamos aquí algúns recursos para recordar cousiñas na casa.




Non vos esquezades de que podedes realizar tarefas no snappet cando vós queirades dende as vosas casas.








jueves, 24 de septiembre de 2020

Claude Monet

 Que mellor forma de empezar a coñecer Francia que coñecendo un dos seus pintores máis famosos.












miércoles, 23 de septiembre de 2020

Empregamos o correo electrónico?

 Agora que xa levamos unhas semaniñas no colexio gustaríame saber que tal está sendo a vosa experiencia en 3º.

Que tal a volta cole?

Que tal a nova normalidade?

Estades contentos na vosa clase?

Gústanvos os novos recreos?

Hai algo que vos gustaría cambiar?

Agardo as vosas redaccións no correo electrónico da nosa clase. terceiroceippontesampaio@gmail.com

Non ten que ser moi longo, con 3 ou catro liñas é suficiente.



domingo, 6 de septiembre de 2020

viernes, 19 de junio de 2020

Deica setembro


Actividades para o venres 19 de xuño

E o curso rematou... vai curso máis extraño nos tocou vivir, verdade nenos/as?

Lamento que vos quedásedes sen "festival normal", sen "despedir aos amigos/as", sen a "festa da pizza"... e sen moitas máis cousas. Pero seguro que o próximo curso volveremos á normalidade e coa satisfacción de ser capaces de superar ao Covid-19.


Lembrade que a Cisco Webex de hoxe ás 13:00 vai ser especial e a última deste curso se non hai novidades importantes.

Os deberes de hoxe son os máis difíciles de todo o trimestre... hoxe teríamos que estar celebrando no colexio a festa da Pizza e non vai ser posible así que ímola facer nas nosas casas. Cada un vai facer a súa pizza especial e despois na reunión das 13:00 horas ensinámoslla aos compañeiros/as e explicámoslle como a fixemos mentres Aleixo nos pon música.

Déixovos algúns vídeos para facer unha pizza, pero supoño que vós xa sabedes máis ca min destas cousas, non?



Se vos atrevedes, anímovos a que preparedes unhas palabras de despedida para os vosos compañeiros/as.

Vémonos ás 13:00.

E deica setembro.

jueves, 18 de junio de 2020

Actividades para o xoves 18 de xuño

Hoxe seguramente sería o día do festival no colexio así que propoñovos uns xogos.




Premede na imaxe para acceder.

miércoles, 17 de junio de 2020

Actividades para o mércores 17 de xuño

Hoxe é o último día que imos traballar co Snappet.


Lengua Castellana: imos repasar o tema 9 que falaba sobre o verbo e os adxectivos con v.

Lingua Galega: imos repasar o tema 6 que versaba sobre o xénero das palabras, as palabras con cc e ct, os prefixos...

Música: visitade o blog do profe de música.

Educación Física: visitade o paddlet do profe Iago e facede algunha das tarefas propostas.

Afondamento: realizade algunha das actividades de informática que vos quedou pendente.

martes, 16 de junio de 2020

Actividades para o martes 16 de xuño

Lembrade que hoxe temos a reunión por Cisco Webex coa profe e cos compañeiros/as. Será ás 11:00 na miña sala persoal.

Lingua Galega: imos repasar o tema 5 que falaba do xénero e número das palabras, do uso da coma, do uso dos dous puntos...

Lengua Castellana: imos aprender a identificar a idea principal e as ideas secundarias dun texto, para que nos axude preparar esquemas e resumos que tanta falta nos van facer os vindeiros cursos.9


Matemáticas: as actividades do profe Avelino están na aula virtual.

Inglés: as actividades da profe Alba están na aula virtual.

Ciencias: hoxe é o último día para rematar o traballo dos xogos olímpicos e os que xa o remataron aproveitade para experimetar na cociña, que é un gran laboratorio.

lunes, 15 de junio de 2020

Actividades para o luns 15 de xuño

E xa estamos a mediados de xuño... que ledicia! e en nada dá comezo o verán. Ese verán que tanto vos gusta e no que tantos aprendedes.

Imos esforzarnos un pouquiño maís que esta xa é a última semana e o día 19 é o voso último día en 4º de primaria.


Matemáticas: tedes as actividades do profe Avelino na aula virtual.

Lengua Castellana: imos repasar o tema 5 que versaba sobre as palabras compostas, as palabras derivadas...

Inglés: tedes as tarefas da profe Alba na aula virtual.

Lingua Galega: imos facer un ditado, que sei que vos gustan.

Ciencias: rematade o traballo dos xogos olímpicos, que hai nenos/as que aínda non mo entregaron e os que xa o fixestes lede un pouco.

viernes, 12 de junio de 2020

O curso 2019-2020 foi para nós...



Poema Lúa Peto

A nosa compañeira Aroa deléitanos coa súa poesía.

Actividades para o venres 12 de xuño




E xa rematou a semana... a gozar da fin de semana agora.


Matemáticas: as actividades do profe Avelino están na aula virtual.

Lengua castellana e lingua galega:  continuamos co reforzo dos contidos xa traballados nas linguas estes últimos 2 meses.

Este reforzo ímolo realizar a través do snappet e vai ser individual para cada neno/a (de tal xeito que non colgarei información dos contidos a traballar aquí porque son individuais) e apareceralle na bandexa de snappet de listas de traballo. 

O traballo irá dedicado a reforzar aqueles contidos nos que obtivestes menos éxito e máis a realizar aqueles que vos foron quedando atrás ao longo dos meses.

Engadirei a lista de traballo todas as semanas e dedicaremos as sesións do venres a este reforzo do reforzo.




Plástica: hoxe toca debuxo libre cunha única consigna "o noso curso de 4º de primaria". Reflexionade sobre o que foi este curso para vós, o mellor , o peor, o máis divertido... e face un debuxo sobre iso. Podedes empregar os materiais que queirades e as técnicas que máis vos guste, pero transmitídeme que foi o curso 2019-2020 para vós.




Gozade da fin de semana todo o que poidades.

jueves, 11 de junio de 2020

Actividades para o xoves 11 de xuño

Hoxe temos que continuar co traballo dos xogos olímpicos nas materias de ciencias.


Matemáticas: as actividades do profe Avelino están na aula virtual.

Inglés: as actividades da profe Alba están na aula virtual

Valores: en valores imos ver unha curta sobre a amizade e despois decídesme que vos parece.
Non fai falta que fagades unha ficha de lectura nin nada diso, só tedes que escribir nun folio que vos parece, se vos gustou ou non e cal é o motivo.


miércoles, 10 de junio de 2020

Actividades para o mércores 10 de xuño

Lembrade que hoxe temos a reunión de CiscoWebex ás 11:00 na miña sala persoal.
Aproveitade para preguntarme todas as vosas dúbidas sobre o poema do festival, a revista escolar, o final deste curso... 

Lengua Castellana: repasamos algo de ortografía en Lengua Castellana. Este contido non o demos durante o curso xa que é unha novidade de 4º que ides volver dar en 5º e en 6º, pero para ir tomando contacto imos facer un pequeno achegamento. Estou falando do til diacrítico. 
O til diacrítico hai que aprendelo de memoria rapaces así que imos empezar a velos para que vos vaia soando e así o próximo curso resultaravos máis sinxelo. 





Lingua Galega: hoxe toca facer repaso de tema en lingua, así que imos a polo tema 2 que versaba sobre antónimos, sinónimos, as palabras agudas... sinxelo, verdade?

E despois o traballo do Xogos Olímpicos.

E o enigma de hoxe:


martes, 9 de junio de 2020

Curta de Félix

O noso compañeiro Félix está preparando unha curta coa súa familia... queredes vela?


Actividades para o martes 9 de xuño

Lembrade que quedan dúas semanas para rematar o libro de "La maravillosa medicina de Jorge". Tedes xa o traballo do último capítulo na aula virtual. 



Gustouvos? Seguro que si... seguide lendo no verán.

Hoxe hai 150 anos que faleceu Charles Dickens? Sabedes quen era? foi un escritor e novelista inglés que nos deixou verdadeiras xoias da literatura como Cuento de Navidad, Oliver Twist, Grandes esperanzas ou Historia de dúas cidades, que agardo algún día poidades ler e gozar deste narrador tan incrible.


Se vedes que non tedes moito que facer esta tarde, podedes ver un dos contos de Charles Dickens, xa veredes como seguro que vos gusta.



Lingua Galega: despois do repaso do tema 1 de onte, hoxe imos realizar unha actividade de ortografía, de acordo? Imos repasar as palabras con "cc" e "ct".



Lengua Castellana: imos repasar en o tema 4 que versaba sobre o xénero dos adxectivos, as palabras con hiato, a formación de adxectivos... imos ver canto lembramos de todo este curso.

Matemáticas: as tarefas do profe Avelino están na aula virtual.

Inglés: as tarefas da profe Alba están na aula virtual.

Ciencias: continuamos co traballo dos xogos olímpicos.

E non esquecemos o enigma, fixádevos ben.



lunes, 8 de junio de 2020

Algúns traballos deste curso


Actividades para luns 8 de xuño

Hoxe dá comezo unha nova semana, e xa só vos quedan 2 semanas en 4º...

Alegría ou tristeza? A situación cando menos é diferente ao esperado e seguro que nunca vos ides esquecer dos vosos últimos meses en 4º de primaria.


Comezamos pois, un último esforzo.

Matemáticas: as tarefas do profe Avelino están na aula virtual.

Lengua Castellana: imos continuar co snappet e empezamos a semana cunha comprensión lectora. 15

Inglés: as actividades da profe Alba están na aula virtual.

Lingua Galega: hoxe imos repasar o tema 1 no snappet, que versaba sobre a sílaba tónica, o uso do dicionario, a comunicación verbal e non verbal, a axenda... a ver que ben se vos dá.

Ciencias: continuamos co traballo dos Xogos Olímpicos, que xa debedes estar a piques de rematar.

E hoxe un sudoku, imos pensar un pouco.
Déixovos outro, por se este se fai moi difícil. Sempre é mellor empezar pouco a pouco, non?



domingo, 7 de junio de 2020

Traballo fotográfico

Achégovos algúns dos traballiños fotográficos que fixemos na clase de plástica.
Agardo que vos gusten e que vos animedes a seguir practicando.







sábado, 6 de junio de 2020

Agradecemento de Luis

Este é o agradecemento do voso compañeiro Luis para todos vós. 

Agardemeos que en setembro volvades estar todos xuntos como os últimos 7 anos.


viernes, 5 de junio de 2020

Actividades para o venres 5 de xuño



E xa rematou a semana... a gozar da fin de semana agora.

Lembrade que temos reunión no Cisco Webex ás 12:00 e que quedastes de traer algunha comanda pensada.


Matemáticas: as actividades do profe Avelino están na aula virtual.

Lengua castellana e lingua galega:  continuamos co reforzo dos contidos xa traballados nas linguas estes últimos 2 meses.

Este reforzo ímolo realizar a través do snappet e vai ser individual para cada neno/a (de tal xeito que non colgarei información dos contidos a traballar aquí porque son individuais) e apareceralle na bandexa de snappet de listas de traballo. 

O traballo irá dedicado a reforzar aqueles contidos nos que obtivestes menos éxito e máis a realizar aqueles que vos foron quedando atrás ao longo dos meses.

Engadirei a lista de traballo todas as semanas e dedicaremos as sesións do venres a este reforzo do reforzo.




Plástica: como vos dixen na reunión do martes imos practicar algo de fotografía, vale.
Todos tedes acceso a unha cámara, verdade? a do móbil vale perfectamente.
A tarefa de hoxe é moi sinxela e agardo que vos guste, só quero que fagades fotos e experimentedes con elas, quero que vos animedes a investigar na edición de fotos observando as múltiples posibilidades que hai: branco e negro, frío, cálido, animación, cortar, xirar, modificar o brillo, a saturación... Tamén podedes probar a engadir bocadillos, debuxos, texto... corrixir o ton, as manchas, os ollos vermellos...
É dicir, facede unha foto e experimentade con ela, se o facedes no teléfono xa o podedes facer no editor de fotos ou hai unha aplicación que se chama Piccollage que é moi sinxeliña. 
Se facedes as fotos cunha cámara podedes xogar cos encadres, cos distintos tipos de luz...








Gozade da fin de semana todo o que poidades.

jueves, 4 de junio de 2020

Actividades para o xoves 4 de xuño



Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais e Afondamento.
Continuade co proxecto dos Xogos Olímpicos, descargádeo na aula vitual ou en https://drive.google.com/file/d/1znK-CK2fu9jnL3Jhx75TE-3qaCbSZ646/view?usp=sharing

Inglés: revisade as tarefas da profe Alba na aula virtual.

Matémáticas: revisade as tarefas do profe Avelino na aula virtual.

Déixovos un acertixo tamén.



Achégovos o poema que imos gravar para o "festival de fin de curso", se vos fixedes está marcado o que tén que gravar cada neno (en horizontal por favor). Fíxeno por orde do número de clase e aos dous números que me quedaban con menos versos engadínlle o principio e o final.

Procurade darlle énfase aos vosos versos e poñervos en escena, podedes disfrazarvos, escenificar os vosos versos, teatralizalos... o que vós queirades.

Deixade voar a vosa imaxinación e pasádeo ben gravando.

Se vos fixades o poema está feito con títulos de películas, é moito máis longo pero para nós creo que é suficiente. 

Déixovos na ligazón un vídeo onde o autor o representa, para que vos fagades unha idea de como se pode escenificar.

Espero que vos guste.

miércoles, 3 de junio de 2020

Parabéns Luis

Moitas felicidades no teu día, agardamos que sexas moi feliz.


Actividades para o mércores 3 de xuño

Lengua Castellana: imos repasar hoxe o tema 3 de lengua castellana que versaba sobre o xénero e o número, os sufixos e os ditongos.

Lingua Galega: imos repasar as partes dos textos narrativas (introdución, no e desenlace) no snappet e despois escribir un conto que teña como protagonista un ou varios dos vosos compañeiros/as de clase. Lembrade que o conto ten que ter unha introdución, un no e un desenlace.


Continuade co proxecto dos Xogos Olímpicos, descargádeo na aula vitual ou en https://drive.google.com/file/d/1znK-CK2fu9jnL3Jhx75TE-3qaCbSZ646/view?usp=sharing

martes, 2 de junio de 2020

Actividades para o martes 2 de xuño

Lembrade que hoxe ás 11:00 temos a reunión por Cisco Webex.

Lingua Galega: imos repasar os campos semánticos. Lembrades? os campos semánticos son as palabras que están relacionadas por un tema común; por exemplo, o campo semántico do deporte inclúe palabras como tenis, golf, ximnasia, fútbol... 




Lengua Castellana: toca repasar hoxe algo de ortografía. Faremos fincapé nas palabras con ge, gi e je, ji que sempre vos crean dúbidas.


Matemáticas:revisade a aula virtual para ver as tarefas do profe Avelino.

Inglés: revisade a aula virtual para ver as tarefas da profe Alba.

Continuade co proxecto dos Xogos Olímpicos.

lunes, 1 de junio de 2020

Actividades para o luns 1 de xuño

Hoxe dá comezo unha nova semana e un novo mes... agardo que esteades todos cargados de enerxía para estas últimas semanas do curso... xa non queda nada.

Matemáticas: as actividades do profe Avelino están na aula virtual.

Lengua Castellana: imos empezar a semana repasando o primeiro tema do curso que versaba sobre a comunicación verbal e non verbal, os elementos da comunicación, as regras de acentuación... todos os conceptos foron repasados xa ao longo destes meses.


Inglés: as actividades da profe Alba están na aula virtual.

Lingua Galega:  imos repasar as clases de subtantivos: comúns e propios. 


Proxecto de investigación sobre os Xogos Olímpicos.

Os mestres/as de 4º de primaria queremos propoñemos un proxecto de traballo sobre os Xogos olímpicos e a nutrición , ambos os dous conceptos moi relacionados.

Neste proxecto imos traballar matemáticas, lingua galega, lengua castellana, ciencias da natureza, ciencias sociais e educación física e nel pretendemos que leades, investiguedes, redactedes, imaxinedes  e aprendades.

Podedes presentar o proxecto final ata o 12 de xuño.
Podedes presentar o resultado do proxecto da maneira que prefirades, o formato é libre: documento de word, pdf, power point, folios…

Nas primeiras páxinas do documento tedes case toda a información que ides precisar para resolver as tarefas finais, iso si, hai algunhas para as que ides ter que investigar un pouquiño con axuda dos vosos pais (ou vós sos) e outra na que ides ter que cociñar e recordar todo o que sabedes da alimentación saudable.

Así pois nas próximas semanas ocuparedes as horas de educación física, ciencias sociais, ciencias da natureza, valores, afondamento e música en realizar este pequeno traballo de investigación.


Ánimo, xa veredes canto aprendedes e que divertido é.

Podedes acceder a toda a información dende a seguinte ligazón e tamén vos deixo un arquivo na aula virtual.

https://drive.google.com/file/d/1znK-CK2fu9jnL3Jhx75TE-3qaCbSZ646/view?usp=sharing

viernes, 29 de mayo de 2020

Actividades para o venres 29 de maio


E xa rematou a semana... a gozar da fin de semana agora.


Matemáticas: as actividades do profe Avelino están na aula virtual.

Lengua castellana e lingua galega:  a partir de agora, como xa vos dixen a semana pasada,  os venres ímolo dedicar ao reforzo dos contidos xa traballados nas linguas estes últimos 2 meses.

Este reforzo ímolo realizar a través do snappet e vai ser individual para cada neno/a (de tal xeito que non colgarei información dos contidos a traballar aquí porque son individuais) e apareceralle na bandexa de snappet de listas de traballo. 

O traballo irá dedicado a reforzar aqueles contidos nos que obtivestes menos éxito e máis a realizar aqueles que vos foron quedando atrás ao longo dos meses.

Engadirei a lista de traballo todas as semanas e dedicaremos as sesións do venres a este reforzo do reforzo.




Plástica: lembrádesvos de Kandinsky? Pois Kandinsky dálle moita importancia ao uso da cor xa que segundo el "el color debe crear en el espectador sentimientos y afectar sus sentidos trayendo recuerdos que los haga entrar en algún  estado de ánimo especifico o que al mismo tiempo el espectador relacione los colores con sonidos liricos para que la experiencia no solo sea física si no perdure".

Imos xogar agora coas cores cun cadro de Kandinsky. O cadro é este: "cadrados con círculos concéntricos".

Gustaríame que intentásedes facer unha representación deste cadro ao voso estilo, non ten porque ser pintado nun papel, ao contrario, canto máis creativos sexades mellor... tedes que xogar coas cores e con círculos de distinto tamaño... o demais é libre. SEDES CREATIVOS.

Déixovos un vídeo con un exemplo e varias imaxes para que vos inspiredes.














Educación Física: as actividades do profe Iago están no Paddlet da aula virtual.

E que non falte o enigma.




Gozade da fin de semana todo o que poidades e vémonos o luns.