viernes, 29 de mayo de 2020

Actividades para o venres 29 de maio


E xa rematou a semana... a gozar da fin de semana agora.


Matemáticas: as actividades do profe Avelino están na aula virtual.

Lengua castellana e lingua galega:  a partir de agora, como xa vos dixen a semana pasada,  os venres ímolo dedicar ao reforzo dos contidos xa traballados nas linguas estes últimos 2 meses.

Este reforzo ímolo realizar a través do snappet e vai ser individual para cada neno/a (de tal xeito que non colgarei información dos contidos a traballar aquí porque son individuais) e apareceralle na bandexa de snappet de listas de traballo. 

O traballo irá dedicado a reforzar aqueles contidos nos que obtivestes menos éxito e máis a realizar aqueles que vos foron quedando atrás ao longo dos meses.

Engadirei a lista de traballo todas as semanas e dedicaremos as sesións do venres a este reforzo do reforzo.




Plástica: lembrádesvos de Kandinsky? Pois Kandinsky dálle moita importancia ao uso da cor xa que segundo el "el color debe crear en el espectador sentimientos y afectar sus sentidos trayendo recuerdos que los haga entrar en algún  estado de ánimo especifico o que al mismo tiempo el espectador relacione los colores con sonidos liricos para que la experiencia no solo sea física si no perdure".

Imos xogar agora coas cores cun cadro de Kandinsky. O cadro é este: "cadrados con círculos concéntricos".

Gustaríame que intentásedes facer unha representación deste cadro ao voso estilo, non ten porque ser pintado nun papel, ao contrario, canto máis creativos sexades mellor... tedes que xogar coas cores e con círculos de distinto tamaño... o demais é libre. SEDES CREATIVOS.

Déixovos un vídeo con un exemplo e varias imaxes para que vos inspiredes.














Educación Física: as actividades do profe Iago están no Paddlet da aula virtual.

E que non falte o enigma.




Gozade da fin de semana todo o que poidades e vémonos o luns.

jueves, 28 de mayo de 2020

As nosas merendas saudables

Que rico...









Actividades para o xoves 28 de maio

Sabedes que día é hoxe? .... pensamos, pensamos...
Hoxe é o Día Mundial da Nutrición.
Levamos xa uns días falando da Nutrición, así que penso que todos sabedes que debemos consumir para alimentarnos correctamente e que hábitos debemos ter. Pero por si acaso, aquí vos deixo un pequeno resumo.


E hoxe como é un día especial a actividade tamén vai ser especial... tedes que preparar unha merenda divertida e saudable con froitas e/ou verduras.
Como por exemplo:




Non vos esquezades enviarme a foto e a lista de ingredientes.


Inglés: tedes as tarefas da profe Alba na aula virtual.

Matemáticas: tedes as actividades do profe Avelino na aula virtual.

Valores: imos ver un vídeo e responder ás preguntas.



Quen son os protagonistas desta curta?
Cal é o tema principal?
Cal é a conclusión que extraes da curta?

E rematou o día... gozade da tarde.

miércoles, 27 de mayo de 2020

Actividades para o mércores 27 de maio

Lembrade que hoxe ás 11:00 temos a charla a través do CiscoWebex e quedastes en lerme un anaco do voso libro favorito. 
https://eduxunta.webex.com/meet/silviapuga


Lingua Galega
: imos escribir un pouquiño que xa toca. Primeiro imos repasar no snappet a axenda e o seu uso e despois ídesme escribir un pequeno texto a modo de diario no que me contedes como é para vós un día normal, é dicir, que cousas facedes dende que vos levantades ata que vos deitades e a que hora facede cada cousa.
Despois na reunión falamos diso e xa só tedes que poñelo por escrito. De acordo?

Lengua Castellana: hai obxectivos de aprendizaxe que son especialmente importante, é este o caso dos signos de puntuación, así que hoxe imos continuar traballando neste obxectivo.
Para isto tedes que clicar na opción de seguir aprendiendo nas leccións que vos abrín o luns.


Música: visitade o blog de Música.

Educación Física: visitade o paddlet do profe Iago.

Afondamento: hoxe imos facer un escape room que sei que vos gustan. 
Así repasamos, aprendemos e xogamos.

Non vos esquezades de mandarme a foto final. 



martes, 26 de mayo de 2020

Actividades para o martes 26 de maio

Lengua Castellana: imos repasar algo de ortografía no snappet. 
Cando rematan as palabras en -d ou en -z e como forman o plural estas palabras? Se vos dá tempo facede as actividades de "seguir aprendiendo".

Lingua Galega: imos repasar os adverbios en galego, seguro que vos saen igual de ben que en castelán.



Matemáticas: as actividades do profe Avelino están na aula virtual.

Inglés: as actividades da profe Alba están na aula virtual.

Ciencias da Natureza: imos facer unha síntese do aprendido no tema de A saúde e a nutrición e valorar se os hábitos de alimentación da nosa familia son saudables ou non.
Para isto temos que preparar unha enquisa (só 5 ou 6 preguntas) e despois preguntarlle aos nosos familiares (pais, nais, avós, avoas, irmáns, irmás, curmáns, tíos, tías...).
Unha vez recollidos todos os datos facemos unha táboa para observalos todos xuntos.
O máis importante é elixir ben as preguntas. Por exemplo: lavas as mans antes de comer?, lavas os dentes despois de comer? comes entre 2 e 3 pezas de froita todos os días? bebes máis de 1 litro de auga ao día? comes doces todos os días? tomas varios tipos de verduras todos os días? dormes máis de 8 horas? practicas deporte con frecuencia?...

E despois recoller os datos nunha soa táboa, como máis vos guste.

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Levas as tarefas ao día?. Número de respuestas: 13 respuestas.

E o enigma de hoxe.