Matemáticas: as actividades do profe Avelino están na aula virtual.
Lengua Castellana: imos empezar a semana repasando o primeiro tema do curso que versaba sobre a comunicación verbal e non verbal, os elementos da comunicación, as regras de acentuación... todos os conceptos foron repasados xa ao longo destes meses.
Inglés: as actividades da profe Alba están na aula virtual.
Lingua Galega: imos repasar as clases de subtantivos: comúns e propios.
Proxecto de investigación sobre os Xogos Olímpicos.
Os mestres/as de
4º de primaria queremos propoñemos un proxecto de traballo sobre os Xogos
olímpicos e a nutrición , ambos os dous conceptos moi relacionados.
Neste proxecto
imos traballar matemáticas, lingua galega, lengua castellana, ciencias da
natureza, ciencias sociais e educación física e nel pretendemos que leades,
investiguedes, redactedes, imaxinedes e
aprendades.
Podedes presentar
o proxecto final ata o 12 de xuño.
Podedes presentar
o resultado do proxecto da maneira que prefirades, o formato é libre: documento
de word, pdf, power point, folios…
Nas primeiras
páxinas do documento tedes case toda a información que ides precisar para
resolver as tarefas finais, iso si, hai algunhas para as que ides ter que
investigar un pouquiño con axuda dos vosos pais (ou vós sos) e outra na que
ides ter que cociñar e recordar todo o que sabedes da alimentación saudable.
Así pois nas
próximas semanas ocuparedes as horas de educación física, ciencias sociais,
ciencias da natureza, valores, afondamento e música en realizar este pequeno
traballo de investigación.
Ánimo, xa veredes
canto aprendedes e que divertido é.
Podedes acceder a toda a información dende a seguinte ligazón e tamén vos deixo un arquivo na aula virtual.
https://drive.google.com/file/d/1znK-CK2fu9jnL3Jhx75TE-3qaCbSZ646/view?usp=sharing
No hay comentarios:
Publicar un comentario