Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais e Afondamento.
Continuade co proxecto dos Xogos Olímpicos, descargádeo na aula vitual ou en https://drive.google.com/file/d/1znK-CK2fu9jnL3Jhx75TE-3qaCbSZ646/view?usp=sharingInglés: revisade as tarefas da profe Alba na aula virtual.
Matémáticas: revisade as tarefas do profe Avelino na aula virtual.
Déixovos un acertixo tamén.
Achégovos o poema que imos gravar para o "festival de fin de curso", se vos fixedes está marcado o que tén que gravar cada neno (en horizontal por favor). Fíxeno por orde do número de clase e aos dous números que me quedaban con menos versos engadínlle o principio e o final.
Procurade darlle énfase aos vosos versos e poñervos en escena, podedes disfrazarvos, escenificar os vosos versos, teatralizalos... o que vós queirades.
Deixade voar a vosa imaxinación e pasádeo ben gravando.
Se vos fixades o poema está feito con títulos de películas, é moito máis longo pero para nós creo que é suficiente.
Déixovos na ligazón un vídeo onde o autor o representa, para que vos fagades unha idea de como se pode escenificar.
Espero que vos guste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario