E xa rematou a semana... a gozar da fin de semana agora.
Lembrade que temos reunión no Cisco Webex ás 12:00 e que quedastes de traer algunha comanda pensada.
Matemáticas: as actividades do profe Avelino están na aula virtual.
Lengua castellana e lingua galega: continuamos co reforzo dos contidos xa traballados nas linguas estes
últimos 2 meses.
Este reforzo ímolo realizar a
través do snappet e vai ser individual para cada neno/a (de tal xeito que non
colgarei información dos contidos a traballar aquí porque son individuais) e apareceralle na bandexa de snappet de listas de
traballo.
O traballo irá dedicado a reforzar aqueles contidos nos que obtivestes menos éxito e máis a realizar aqueles que vos foron quedando atrás ao longo dos
meses.
Engadirei a lista de traballo
todas as semanas e dedicaremos as sesións do venres a este reforzo do reforzo.
Plástica: como vos dixen na reunión do martes imos practicar algo de fotografía, vale.
Todos tedes acceso a unha cámara, verdade? a do móbil vale perfectamente.
A tarefa de hoxe é moi sinxela e agardo que vos guste, só quero que fagades fotos e experimentedes con elas, quero que vos animedes a investigar na edición de fotos observando as múltiples posibilidades que hai: branco e negro, frío, cálido, animación, cortar, xirar, modificar o brillo, a saturación... Tamén podedes probar a engadir bocadillos, debuxos, texto... corrixir o ton, as manchas, os ollos vermellos...
É dicir, facede unha foto e experimentade con ela, se o facedes no teléfono xa o podedes facer no editor de fotos ou hai unha aplicación que se chama Piccollage que é moi sinxeliña.
Se facedes as fotos cunha cámara podedes xogar cos encadres, cos distintos tipos de luz...
Gozade da fin de semana todo o que poidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario