Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Primaria do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
E xa rematou a semana... a gozar da fin de semana agora.
Matemáticas: as actividades do profe Avelino están na aula virtual.
Lengua castellana e lingua galega: a partir de agora, como xa vos dixen a semana pasada, os venres ímolo dedicar ao reforzo dos contidos xa traballados nas linguas estes
últimos 2 meses.
Este reforzo ímolo realizar a
través do snappet e vai ser individual para cada neno/a (de tal xeito que non
colgarei información dos contidos a traballar aquí porque son individuais) e apareceralle na bandexa de snappet de listas de
traballo.
O traballo irá dedicado a reforzar aqueles contidos nos que obtivestes menos éxito e máis a realizar aqueles que vos foron quedando atrás ao longo dos
meses.
Engadirei a lista de traballo
todas as semanas e dedicaremos as sesións do venres a este reforzo do reforzo.
Plástica: lembrádesvos de Kandinsky? Pois Kandinsky dálle moita importancia ao uso da cor xa que segundo el "el color debe crear en el espectador sentimientos y afectar sus sentidos trayendo recuerdos que los haga entrar en algún estado de ánimo especifico o que al mismo tiempo el espectador relacione los colores con sonidos liricos para que la experiencia no solo sea física si no perdure".
Imos xogar agora coas cores cun cadro de Kandinsky. O cadro é este: "cadrados con círculos concéntricos".
Gustaríame que intentásedes facer unha representación deste cadro ao voso estilo, non ten porque ser pintado nun papel, ao contrario, canto máis creativos sexades mellor... tedes que xogar coas cores e con círculos de distinto tamaño... o demais é libre. SEDES CREATIVOS.
Déixovos un vídeo con un exemplo e varias imaxes para que vos inspiredes.
Educación Física: as actividades do profe Iago están no Paddlet da aula virtual.
E que non falte o enigma.
Gozade da fin de semana todo o que poidades e vémonos o luns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario