Ánimo e a goza duns días de descanso.
Ciencias Socias: imos continuar co traballo da Prehistoria e pasamos xa ao Neolítico.
Quero que vexades en 1º lugar o vídeo que vos deixo a continuación e logo lemos na plataforma ou na imaxe que vos deixo de seguido as páxinas 100 e 101.
Unha vez teñamos lidas as páxinas imos facer un resumo ou un esquema do máis importante e despois a ficha de repaso que vos deixo en Saviadixital ou na aula virtual.
Inglés: a profe Alba deixouvos tarefa na aula virtual.
Matemáticas: o profe Avelino deixouvos tarefa na aula virtual.
Os maios: se estivésemos no colexio hoxe tocaría preparar o noso maio, así que imos facelo dende a casa.
Gustaríame que fixésede un maio, lembrades que levaba? fiúncho, flores, ovos, laranxas... e o que a vosa imaxinación diga. Podedes facelo de distintas maneiras: en 3D con forma de cono e engadindo os distintos materiais supospostos, en cartolina a modo de collage cos materiais que desexades ou en papel, pintándoo, ou como a vós se vos ocorra (que a veces tedes máis imaxinación ca min).
Unha vez que temos o maio feito, toca cantar... e para cantar precisamos ter a canción dos maios; así que agora toca inventar un pequeno poema para cantar.
Cando rematedes mandádeme unha foto ou un vídeo do voso traballo, tanto do maio como da cantiga; e subímola ao blog.
Mirade a noticia do ano pasado: https://www.pontevedraviva.com/xeral/54286/fiesta-maios-ceip-ponte-sampaio-comunidad-educativa/?lang=es?lang=gl que ben o pasaramos.
O MAIO
Aí vén o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...
Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...
Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.
Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra
No hay comentarios:
Publicar un comentario