lunes, 27 de abril de 2020

Actividades para o luns 27 de abril

Comeza a semana.
Que tal a 1º saída de onte? Seguro que xenial...
Hoxe toca repetir, non?
Pasádeo ben e gozade do tempo ao aire libre e da natureza (os que poidades).

Lembrade que temos que continuar lendo "La maravillosa medicina de Jorge", xa imos polo capítulo 3.

Matemáticas: o profe Avelino déixouvos as actividades na aula virtual (buscade na materia de Matemáticas).

Lengua Castellana: empezamos a semana traballando un pouquiño a ortografía, xa que ás veces cometemos uns erros!! repasamos hoxe cando empregamos a letra "h". A letra "h" non é fácil de aprender porque a xustificación en moitas ocasións é etimolóxica e non a ides entender ata que esteades na universidade (se estudades unha filoloxía claro), así que hai que ir aprendendo estas palabriñas e estas pouquiñas regras para non cometer moitos erros.
Lembrade que no blog das profes Carmen e Pamela temos moitos exercicios de ortografía para practicar en liña, e sobre a letra "h" tamén teñen. http://pt-al-pontesampaio.blogspot.com/2020/04/a-ortografia.html




Inglés: tedes unha nova actividade de profe Alba na aula virtual.

Lingua Galega: lembrades a saída de onte? Pois quero que me fagades unha redacción sobre a vosa saída, tédesme que dicir a onde fostes, con quen, canto tempo tardastes, como vos sentistes, que botastes en falta e todo o que se vos ocorra.
Facédeo nun folio e con boa letra e boa presentación, lembrade deixar marxes e escribir en bolígrafo (se o facedes en lapis, despois tedes que repasalo); a presentación é moi importante. Unha vez o rematedes revisade os posibles erros ortográficos, o uso das maiúsculas, a puntuación, etc.
Aquí tedes unhas recomendacións para redactar ben.
1º Ordear as ideas do que imos contar (podemos facer un borrador ou anotalas nun folio en sucio).
2º Redactar frases curtas, poñede puntos sempre que sexa necesario.
3º. Non usedes moitos adxectivos nin palabras raras, non axuda a comprender ben o escrito, ao contraio (isto non é unha descrición).
4º Revisádeo as veces que fagan falta.
5º. Non estás falando cun amigo, estás escribindo unha redacción; esfórzate.
6º. Usa puntos, comas, puntos e coma, dous puntos, punstos suspensivos... a puntuación é moi importante para entender os textos.



O último anuncio publicitario da Xunta de Galicia sobre o Covid-19 en teoría é a redacción dun neno coma vós, un pouco ambiciosa ao meu entender pero sei de sobra que vós seríades quen de facelo. Ánimo.
Ciencias Sociais: continuamos coa prehistoria, vale? Ímonos adentrar hoxe no estudo do Paleolítico, lembrádesvos? É a 1º etapa da  Prehistoria, na que os homes e mulleres eran nómades, vivían covas, dedicávanse á caza e á pesca... seguro que si.
Tedes que ler as páxinas 98 e 99 do libro (podedes acceder a el na plataforma Savidixital) e despois facerme un pequeno resumo ou esquema (o que vos sexa máis sinxelo) da páxina 98.
Cando xa teñades iso feito realizades os exercicios 5,6 e 9 da páxina 99.
Déixovos uns vídeos sobre o paleolítico e as imaxes das páxinas do libro.

Se hoxe non vos dá tempo rematades mañá que imos seguir traballando sobre o paleolítico.







No hay comentarios:

Publicar un comentario