martes, 19 de mayo de 2020

Actividades para o martes 19 de maio

Lengua Castellana: imos redactar un pouco en castelán que hai tempo que non o facemos.
Repasaremo no snappet o que son as entrevistas e a continuación farémoslle unha entrevista a alguén do noso contorno: aos vosos pais, nais, avós, avoas, irmáns... a quen vós queirades.

O primeiro que tedes que facer é decidir a quen lle ides facer a entrevista.
En segundo lugar, preparade unha pequena introdución sobre esa persoa.
En terceiro lugar, decidide que lle ides preguntar.
En cuarto lugar escribide as preguntas nun papel e preguntádellas, tedes que tomar nota das súas respostas. Os xornalistas sempre graban as entrevistas para despois poder escoitalas con atención.
Unha vez fagas a entrevista tés que pasala a limpo e incluírlle a introdución e unha pequena conclusión.
Non esquezas revisar o escrito para corrixir os erros ortográficos e respectar as marxes e fixarte na presentación.

Déixovos algúns exemplos para que saibades como ir empezando.
Non ten que ser moi longo con 7 ou 8 preguntas chega.







Lingua Galega: imos continuar co repaso das categorías gramaticais. Lembrades que onte miramos as preposicións en castelán? Pois hoxe imos ver os numerais en galego. 





Matemáticas: as actividades do profe Avelino están na aula virtual.

Inglés: as actividades da profe Alba están na aula virtual.

Ciencias da Natureza: continuamos co repaso da nutrición e a saúde.
Hoxe repasaremos os tipos de nutrientes que nos achegan os alimentos: primeiro mirade o seguinte vídeo e despois realizade as tarefas que vos asignei en Saviadixital (déixovos copia na aula virtual).


E o noso encrucillado de hoxe.

Deixeivos unha enquisa na aula virtual para valorar como está sendo a vosa adaptación ao ensino a distintacia.
Cumplimentádea cando vos sexa posible.
Grazas


No hay comentarios:

Publicar un comentario