Lengua Castellana: agora que xa coñecemos distintas categorías gramaticais, imos facer un mapa conceptual das categorias gramaticais que levamos repasadas ata o momento (deixade un oco para as que nos faltan para írmolo ampliando).
De momento repasamos: o substantivo, o adxectivo, os determinantes artigos, os determinantes demostrativos, os determinantes posesivos e os pronomes persoais. Se queredes practicara antes no snappet, déixocos un repaso.
Quero que me fagades un mapa conceptual no que incluades a definición de cada categoría gramatical e algún exemplo (se son pouco como os posesivos, os demostrativos..., podemos poñelos todos).
Para elaborar un mapa conceptual sigue estes pasos:
·
Identifica o tema: “categorías
gramaticais”.
·
Busca a maior
cantidade de información acerca do tema para que poidas destacar as ideas
principais.
·
Identifica os
conceptos sobre o tema que consideres máis
relevantes e necesarios para poder explicar a idea central, resumíndoos na súa
idea principal ou palabras claves: “substantivos,
adxectivos, determinantes artigos, determinantes demostrativos, determinantes posesivos, pronomes persoais…”.
·
Inicia o mapa
encerrando o título nun recadro na parte superior da folla ou no centro.
·
Conecta o título do
mapa conceptual cos conceptos principais por medio dunha liña recta.
·
Formula en primeiro
lugar os conceptos máis importantes na parte superior da folla ou no centro ata
colocar os conceptos menos importantes na parte inferior ou máis lonxe do
centro. Debes incluír neste caso a definición dos conceptos e
os exemplos.
·
Unha vez que
culmines a elaboración do mapa conceptual, le o traballo de principio a fin para
que te asegures que o tema principal foi correctamente desenvolto.
Déixovos un exemplo de como podeder ir completando o mapa.
Distintas visións dun mesmo tema.
Estes son algúns dos vosos traballos (os primeiros en chegar) e a verdade estou moi orgullosa do voso traballo.
Música: no blog de música tedes as tarefas do profe Sergio.
Educación Física: animádevos a facer algunha das tarefas do profe Iago, visitade o padlet.
Informática: o profe Avelino deixouvos tarefas na aula virtual, pero se o preferides podedes practicar a facer o mapa conceptual co programa Buble.us que vos ensinou o profe Avelino.
Clica na imaxe para acceder.
No hay comentarios:
Publicar un comentario