lunes, 23 de marzo de 2020

Actividades do luns 23 de marzo

As suxestións metodolóxicas para hoxe son:

Matemáticas: páxina 3 do caderno de matemáticas que tedes colgado na páxina web.

Lengua Castellana: o pasado sábado día 21 foi o Día da Poesía, así que imos traballar un pouco no Snappet sobre este tema, facede memoria e volvede ler a información que se vos dá no Snappet sobre os versos, as rimas... logo practicade algúns exercicios, pero poñendo moita atención que logo ímolo poñer en práctica.







Inglés. A profe Alba xa vos mandou unha mensaxe.

Lingua Galega: continuamos coa poesía no Snappet, pero esta vez en galego, e despois imos crear nun folio ou nunha cartolina un poema collage con recortes de resvistas, xornais, cartaces... o que teñades pola casa. O tema do poema é libre, pero encantaríame que mos fixésedes chegar, que tal se me mandades un email?
Lembrades que traballaramos a poesía para facer as postais de Nadal? Pois agora podemos falar da primavera, que vos parece?




Mirade que ben o fixo Félix xa.
E este é o de Breixo.

E outra poesía de Luís:




De que falará este poema? Non vos podo dicir de quen é, pero si que se está facendo moi famoso... e que nos debería facer reflexionar, sobre todos aos vosos papás e mamás.

Y la gente se quedó en casa. 
Y leía libros y escuchaba. 
Y descansaba y hacía ejercicio. 
Y creaba arte y jugaba. 
Y aprendía nuevas formas de ser, de estar quieto. 
Y se detenía. 
Y escuchaba más profundamente. 
Algunos meditaban. 
Algunos rezaban. 
Alguno bailaban. 
Algunos hallaron sus sombras. 
Y la gente empezó a pensar de forma diferente.



Ciencias da Natureza: imos repasar un pouquiño do último tema de Ciencias da Natureza.
A continuación vouvos poñer unhas imaxes que tedes que ver con calma e entender perfectamente (son moi sinxelas), unha vez as vexades todos quero que me fagades un Decálogo dos principais hábitos saudables para vós (un decálogo quere dicir que escollades os dez máis importantes para vós e os poñades en forma de lista nun folio).
A última imaxe é un exemplo de decálogo... NON O COPIEDES... Fixádevos que ten debuxos, vale?
E enviádeme un email co voso resultado (revisade a ortografía).





Aquí tedes os decálogos de Breixo e de Luis.


Gozade do día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario