sábado, 14 de marzo de 2020

Que é o coronavirus?

Miña nai!!!!
Como un virus tan pequeno pode armar tanto balbordo? 
Pois xusto por iso. Como este virus é tan pequeno e trasno, contaxia a moitas persoas rapidamente. Pero non debemos ter medo, só seguir as recomendacións dos profesionais da saúde, que son os que máis saben disto.
Aquí vos queda un vídeo de Happy Learning que explica o que é o coronavirus e, o máis importante, que debemos facer para non contaxiarnos.




Agora veremos como lavar ben as mans.

 Xa o falamos estes días no cole pero podemos recordalo. Elmo e Clara en acción!!




E non esquezades como debemos tusir.


Ademais, agora estaremos uns días na casa e isto vainos axudar a frear ao "bichiño".

 Mentres tanto.... a nosa vida debe continuar!!!
Aproveitemos para facer cousas divertidas no fogar!!!
Quédanvos 70 ideas para facer na casa (que sorte que vivimos na aldea e todos temos sitio para correr) pero permanecede atentos á páxina web do cole, ao abalar móbil, ao snappet e ao blogue porque, en breve, teredes novidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario