lunes, 16 de marzo de 2020

Actividades para o luns 16 de marzo

As actividades de titoría recomendadas par o día de hoxe son:

Matemáticas. Facer a primeira folla do caderno que podedes atopar na páxina web do centro.

Lengua Castellana. No Snappet deben acceder ás actividade do tema 5 e facer a comprensión lectora e as actividades de gramática sobre os artigos determinados e indeterminados.
Achego uns recursos sobre o tema:




 Inglés: repasar o vocabulario do tema.

Lingua Galega: No Snappet deben acceder ao tema 5 e facer a comprensión lectora e despois o vocabulario sobre o aseo.

Ciencias Sociais. En vista das actuais circunstancias imos dar antes o tema 4 que o tema 3 xa que me parece máis significativo a día de hoxe.
A primeira actividade que lles propoño para hoxe é debuxar un mapa grande de España e colocar as provincias e comunidades autónomas. Unha vez feito isto quero que investigan en que provincias hai casos de Coronavirus e en cales non, por desgraza vano ter moi fácil.

Aquí tedes algúns mapas dos que me fostes enviando.


Se algún alumno/a ten problema co Snappet, avisádeme e envíolle material alternativo cos mesmos contidos.

Vou ir abrindo algúns temas de Snappet a maiores para os nenos/as que queiran seguir traballando así. En Lengua Castellana abro o apartado do cómic (que sei que lles gusta) e en lingua galega o do correo electrónico (igual é unha ferramenta á que lle poden sacar partido nestas circunstancias.
Estas actividades a maiores son voluntarias, por suposto.

E a aqueles alumnos que xa enviaron algunha tarefa, enviareilles os seus resultados por email (se non teño o voso emais, facédemo chegar por abalar móbil ou email).

No hay comentarios:

Publicar un comentario