As suxestións de actividades para hoxe son:
Lingua Galega: hoxe toca traballar algo de ortografía e imos repasar o uso da coma, o punto e os dous puntos a través do Snappet.
Lengua Castellana: imos lero o conto de "La zarigüeya" e contestar unhas preguntiñas sobre el.
Música: o profe Sergio xa vos vai mandar unha tarefa moi musical.
Educación Física: o profe Iago subiuvos unhas actividades na páxina do colexio, que hai que manterse en forma...
Afondamento: na seguinte noticia do xornal "La voz de Galicia" subliña o máis importante, logo fai un resumo e por último redáctaa ti ao teu xeito, iso si respecta a estrutura que deben ter os textos deste tipo.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/03/17/tareas-colegio-rural-pontevedra-durante-estado-alarma/00031584460931162792702.htm
(seguro que vos gusta a noticia porque fala de vós)
Podes seguir estes pasos:
1º Redacta un titular breve que chame a atención do lector.
2º Redacta o corpo da noticia, non esquezas que debe responder ás preguntas: que? quen? cando? como? e onde?
3º Fai un debuxo que ilustre a noticia ou recorta unha imaxe.
4º Repaso o texto e comproba a ortografía, a coherencia e a cohesión.
E para aqueles que teñen máis ganas de traballar, que vos parece se facemos un ditado? Prométovos que haberá premio coma no colexio cando voltedes, pero SEN FACER TRAMPA.
Non esquezades que mañá é festivo e non traballamos, pero se queredes aproveitar para facer algunha das encomendas de Pinco... LOGO PUBLICÁMOLAS AQUÍ E VÉMONOS TODOS.
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Primaria do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario