lunes, 30 de marzo de 2020

Actividades para o 30 de marzo

Matemáticas: xa vos informa o profe Avelino pola páxina que debedes continuar o traballo.

Lengua Castellana: o outro día observei que había nenos/as que tiñan dificultades para identificar os tipos de comunicación verbal e non verbal, así que imos reforzar isto co Snappet (lembrade empezar sempre polo 1a).
Para aqueles que queiran recordar un pouquiño máis, ademais da explicación do Snappet, aquí vos deixo uns vídeos e esquemas.










Inglés: a profe Alba envíalle unha mensaxe por Abalar ao vosos pais e nais.

Lingua Galega: imos lembrar o que son os sinónimos e antónimos. Facemos uns exercicios e antes miramos uns vídeos se vos parece.





 Ciencias Sociais: imos repasar o tema 2 de ciencias da natureza. Lembrades cales eran os reinos? Que é unha poboación? Que é un ecosistema?  Pois xa o sabedes todo... agora a responder a estas preguntiñas e listo.
Se vedes que non vos lembrades moi ben de todo, podededes repasar con estes vídeos e esquemas.













 E agora os deberes: Pero non teñades pena, que mañá seguimos co tema.







 E agora tócalle traballar un pouquiño aos vosos pais e nais, xa que preciso da súa axuda.
Parece ser que o noso período de estudar dende a casa se vai alongar así que é necesiario que vos deades de alta na plataforma de SM (saviadigital) para poder acceder ao contido dos libros de ciencias.
Vouvos facer chegar eu por privado as licenzas dos libros porque son individuais de cada neno/a e despois douvos a clave da aula.
Agardo que non vos resulte moi complexo pero a partir do día 14 temos que empezar a avanzar contidos do 3º trimestre, tal e como nos esixe a Consellería de Educacion.

Tedes que seguir os pasos que se vos indican na seguinte ligazón, e unha vez esteades rexistrados incluír o código de acceso que vos envío por abalar móbil.

Accedede á web https://mx.smsavia.com/acceso-usuarios


Preme na imaxe para ver a guía e acceso
Moitas grazas


No hay comentarios:

Publicar un comentario