Os contidos que imos traballar no día de hoxe, atendendo ao noso horario son os seguintes:
Lengua Castellana: imos repasar no apartado de vocabulario do tema 5 as palabras derivadas e as palabra primitivas e tamén as palabras compostas. Déixovos un vídeo explicativo por se algún non se lembra.
Lingua Galega: en lingua imos traballar gramática, máis en concreto a gramática do tema 6, que é o xénero do substantivo e o adxectivo.
Matemáticas: segunda ficha do material que está colgado na páxina web do centro.
Lingua Inglesa: repasar o vocabulario dos alimentos que está cargado en Snappet.
Ciencias Sociais: imos seguir traballando sobre España para axudarlles a entender un pouco mellor todo o que está pasando. Gustaríame que lesen a imaxe que vos achego a continuación e fixense un resumo (5 ou liñas non máis) e completen as frases, como non teñen libreta que fagan todas estas actividades nun folio.
Completa as frases.
A. Na democracia, os
maiores de anos elixen o partido
político que queren que os represente.
B. Os españois temos d ,
como o dereito ao traballo, á educación, á saúde e á igualdade.
C. Tamén temos d ,
como o respecto ás leis, o pago dos impostos e a protección do medio ambiente.
D. As Cortes elixen un G que pon en práctica as leis.
As fichas de Lengua e Lingua son só por se alguén está interesado en seguir practicando ou ten problemas co Snappet.
Ademais no Snappet podedes facer tamén de xeito voluntario a actividade de Lingua Galega sobre as noticias (mañá aproveitarémola para a hora de afondamento) e de Lengua Castellana a actividade de como se escriben os números (e repasamos tamén algo de matemáticas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario