Estimadas familias:
O alumnado de 4º vai empregar a metodoloxía de Snappet (https://es.snappet.org/) na aprendizaxe das
linguas durante as próximas oito semanas, formando parte dunha proba piloto que
se está instaurando na nosa comunidade e que permite recopilar e analizar o
número de actividades que realiza o alumno/a e o seu progreso en cada área,
permitindo unha ensinanza personalizada.
O programa está pensado para desenvolverse nas aula cunhas
tablets que xa temos no centro, pero en vista das actuais circunstancias, ten
unha opción para seguir traballando na casa que é a que imos empregar.
O procedemento é moi sinxelo.
1.
O alumnado ten que conectarse con calquera
aparello que teña acceso a internet (móbil, Tablet, ordenador) ao enderezo https://es.snappet.org/
(se poñedes snappet no buscador xa é o primeiro que aparece).
2.
Unha vez na páxina de snappet temos que clicar
no apartado de alumnos/a que está na esquina superior dereita.
3.
Unha vez entramos no apartado dos alumnos/as
temos que completar o nome de usuario e contrasinal dos nenos/as (enviareivolo
de xeito individual aos nenos/as que non viñeron hoxe a clase).
4.
Ao entrar atopámonos con tres materias e temos
que clicar nelas, na que a nós nos interese practicar nese momento.
5.
Unha vez entremos nesa materia aparécenos a
seguinte ventana e temos que clicar en lecciones
6.
Unha vez aí podemos ver as leccións ás que temos
acceso e empezar a traballar.
7Todos os días darei de alta un apartado novo das
materias de lingua e lengua para que os nenos/as poidan ir facendo na casa e eu
vou ter datos actuais do seu traballo e tomarei as medidas que considere.
8.
As actividades que farán os nenos/as serán todas
de repaso, e antes de cada grupo de actividades sempre haberá algún tipo de
explicación.
Agardo que todo funcione
correctamente, e para calquera dúbida non dubidedes en contactar comigo.
silviapuga@edu.xunta.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario