viernes, 3 de abril de 2020

Actividades para o venres 3 de abril

Veña que nos imos de vacacións...


Matemáticas: o profe Avelino xa vos deixa as actividades na páxina do colexio. Preme na seguinte ligazón https://padlet.com/acabaleiro61/g9rp9gngtdkl

Lingua Galega: lembrades a nosa última proba escrita? mandeivos escribir unha receita, verdade? Pois ímolo repetir; primeiro imos lembrar no snappet que elementos inclúen todas as receitas e despois imos escribir unha. Pero non vale só escribila, agora temos tempo e podemos preparala, que vos parece? Imos escribir unha receita de cociña e logo preparala co voso pai ou a vosa nai.
Non fai falta que o fagades todo mañá, tedes toda a Semana Santa para enviarme esa receita e algunha foto ou vídeo que demostre que a fixestes, vale? Escollede o que prefirades: sobremesas, primeiros platos, carnes, ensaladas, etc.
Aos meus fillos/as esta é das actividades que máis lle gusta, déixovos unhas fotiños deles para que vos animedes.








Lengua Castellana: imos continuar repasando os elementos que forman as palabras, lembrades? As palabras simples están formadas por unha raíz e prefixos e sufixos, non é preciso que teñan prefixos e sufixos, pero sempre sempre teñen raíz. Imos practicar no snappet.
Déixovos uns vídeos por se non vos lembrades ben, e tamén un esquema.



Plástica: na páxina de aulas galegas descubrín unha actividade plástica moi interesante que podedes facer na casa con poucos materiais, só precisades azafrán ou calquera colorante alimentario, auga, un folio e café soluble e xa podedes facer un carballo de primavera como nos amosan neste vídeo.

https://aulasgalegas.org/facendo-un-carballo-con-colorante-alimentario/




 Non vos esquezades de mandarme as fotos.

Educación Física: o profe Iago déixavos as actividades na páxina web. Mirade na seguinte ligazón https://padlet.com/iagorivlor/m9u9y4cv2o0r


Se queredes algunha suxestión de actividades para estes días en casa, poñédevos en contacto comigo. Aínda así ao longo da semana irei colgando cousiñas no blog para entreterse en familia.

GOZADE DO TEMPO DE DESCANSO E ÁNIMO E MOITA SAÚDE PARA TODOS.


Tamén podedes ver as propostas que se fan dende o blog de biblioteca ou dende o blog de orientación, ou incluso dende o instagram.

No hay comentarios:

Publicar un comentario