Eu non sei vós, pero os meus fillos estano desexando. Poderemos ir en bici.
Lembrade que para saír temos que seguir unhas normas e estar sempre acompañados dun adulto. No blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega tedes toda a información edlgpontesampaio.blogspot.com.es
Imos a polo venres entón.
Matemáticas: revisade a aula virtual para ver as tarefas do profe Avelino.
Lingua Galega: esta semana aínda non fixemos ningunha comprensión lectora, así que chegou o momento. Imos facer unha comprensión lectora no snappet.
Deixeivos na aula virtual máis comprensións lectoras tanto en galego como en catelán e tanto para imprimir (os que non teñades impresora, escribide as respostas nun folio e poñédesme ao principio o título da lectura e de que arquivo é) como para facer en liña. Esas comprensións lectoras son totalmente voluntarias para reforzar a destreza.
Ao longo da próxima semana irei subindo máis actividades para traballar a comprensión oral e escrita, a expresión escrita, a memoria, a atención...
Consellos para mellorar a túa comprensión
lectora:
- O máis importante: LER.
Para ser capaz de mellorar a túa
comprensión lectora o primeiro que debes facer é crear o hábito de ler. Isto
axudarate moitísimo a mellorar diferentes aspectos da lectura. Ao ler irás aprendendo
a analizar o contexto, a mensaxe do que les e ademais mellorarás moito o teu
léxico, entre outras cousas.
- Non teñas présa.
Un bo lector/a sabe adaptar a velocidade de lectura á
dificultade do texto. A veces terás textos máis sinxelos nos que avanzar máis
rápido, e outras veces, nas que o texto presenta unha maior dificultade terás
que baixar o ritmo de lectura para identificar a mensaxe do texto e entendelo á
perfección.
- Analiza constantemente o texto
que les.
Os interrogantes serán os teus mellores
amigos á hora de ler. Pregúntate constantemente que, como, cando, por que, etc.
Este paso é indispensable para poder identificar e comprender calquera tipo de
texto.
- Busca o significado das palabras que non entendas.
Se non entendes unha palabra deixa o que
estás facendo e busca o seu significado. Le a definición con atención ata que
saibas ben que significa. Aínda que non o creas, unha simple palabra pode cambiar
drasticamente o significado do texto completo.
Lengua Castellana: imos reforzar o estudo dos determinantes posesivos repasándoos agora en castelán.Podedes ver os vídeos que vos engadín o mércores para recordar e déixovos a continuación unha táboa, un pequeno resumo e outro vídeo.
Cuando decimos «mi libro», «nuestra casa», «amigos míos», estamos usando los determinantes posesivos para indicar a quién pertenece lo nombrado por el sustantivo: mi, nuestra, míos… son solo algunos de los posesivos tenemos en español.
Plástica: hoxe propóñovos unha actividade diferente, unha actividade que mestura expresión artística e expresión corporal.
Tedes que escoller unha obra de arte (pode ser pintura ou escultura) de calquera museo do mundo ou colección privada, e imitala.
Cando xa teñades feita a vosa representación que vos fagan unha foto e enviádesma xunto cunha imaxe do cadro ou escultura orixinal. Non esquezades poñer o título da obra, o nome do artista e en que museo a podemos atopar.
Sodes uns artistas. Simplemente xenial
Educación Física: quen se anima a facer algún dos retos do profe Iago. Se mos enviades, fágollos chegar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario