martes, 21 de abril de 2020

Actividades para o martes 21 de abril

Lingua Galega: onte repasamos os determinantes demostrativos en castelán, e hoxe imos facelo en galego para que este contido quede ben asimilado. Vale?
Podedes volver os vídeos de onte, fixádevos que os cambios son moi pouquiños do galego ao castelán, só en algunhas formas.


Lengua Castellana: onte repasamos o uso da "b" e da "v" en galego. Pois hoxe en castelán.




Matemáticas: as actividade de matemáticas están colgada na materia de matemáticas na aula virtual.

Inglés: tedes as actividades da profe Alba na aula virtual. E para calquera dúbida, este é o seu correo alba.lage.villar@edu.xunta.es

Ciencias Sociais: continuamos co traballo de onte; botádelle un ollo ao vídeo da app sobre a liña do tempo da humanidade e copiade a liña do tempo da páxina 97 no voso caderno (ou facede vós unha máis completa se queredes), logo se vos dá tempo (senón deixámolo para mañá) realizade a ficha de repaso que vos asignei na plataforma (só a primeira cara) do tema 5 de cienciasa sociais.




Os que non o sexades capaces de vela na aplicación, deixei unha copia na aula virtual en dous formatos diferentes. Xa mos podedes mandar a través da aula virtual se preferides.

No hay comentarios:

Publicar un comentario