jueves, 2 de abril de 2020

Actividades para o xoves 2 de abril

Ciencias da Natureza: imos continuar traballando sobre o tema do animais. Escollede o animal vertebrado que máis vos guste e describídeo, tedes que dicir como se alimenta, como se reproduce, como se despraza, como é o seu corpo... engadide unha foto ou un debuxo dese animal e logo enviádeme ao correo o voso resultado.



Os que xa tedes dado de alta o savia dixital podedes acceder ao libro se tedes algunha dúbida, sempre que queirades. Os que non botádelle un ollo a estes esquemas.




Inglés: A profe Alba xa vos envia as súas tarefas por Abalar Móbil.

Ciencias da Natureza: agora imos facer o mesmo cun animal invertebrado.






Matemáticas: o profe Avelino xa vos deixou as tarefas. Contactade con el para calquera dúbida.

Valores: na clase de valores imos ver un par de curtas de 5 minutos. Logo de velas gustaríame que reflexionásedes sobre elas e os valores que nos queren transmitir; é dicir, de que trata cada un? gustáronvos? estades de acordo?




No hay comentarios:

Publicar un comentario