Hoxe 2 de abril conmemórase o Día Mundial de Concienciación do Autismo decretado polas Nacións Unidas co obxectivo de mellorar a calidade de vida tanto da poboación infantil como os adultos que sofren esta discapacidade e así poderlles brindar unha mellor calidade de vida... e dende o centro educativo querémonos sumar á campaña da Confederación de autismo de España.
Así que comparte con nós as túas fotos e/ou vídeos e darémoslle visibilade nos nosos blogs, páxina, instagram...
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Primaria do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario