martes, 14 de abril de 2020

Actividades para o martes 14 de abril

Hoxe dá comezo o 3º trimestre.
Un 3º trimestre un pouco atípico pero ímonos esforzar ao máximo por aprender moitísimo e pasalo moi ben.

Este 3º trimestre imos ler un libro de lectura, xa vos puxen a páxina na aula virtual (titúlase La medicina de Jorge). Todas as semanas temos que ler un capítulo e en canto o teñades lido tédesme que contestar ás preguntas que vos deixo na aula virtual para cada capítulo (como máis tardar tédesma que entregar o domingo no enderezo silviapugalopez@gmail.com). Podedes entregalo no formato que queirades: podedes imprimilo e contestar aí, podedes escribilo nunha libreta ou podedes facelo directamente no ordenador... o que vos sexa máis cómodo; despois enviádesmo como foto ou como documento e listo.
Non vos esquezades... xa que ímolo facer todas as semanas e o libro é moi moi entretido.

Lengua Castellana: hoxe toca redactar un pouquiño, vale? Seguro que hai tempo que nos escribimos así que imos repasar as descricións de persoas no Snappet e despois quero que me fagades unha descrición da nena que aparece na seguinte foto. Cando a teñade, enviádema ao correo para poder corrixilas.
Lembrade todos os aspectos aos que debemos facer referencia cando describimos persoas: o aspecto físico, a forma de vestir, o carácter, as aficións... (se hai algún que non sabedes, deixade voar a vosa imaxinación).

A nena da foto é a miña filla, chámase Antía e hoxe cumple 11 anos.



Lingua Galega: para empezar pouco a pouco (non nos imos agobiar o 1º día) imos volver repasar os elementos da comunicación e a diferenza entre comunicación verbal e non verbal no snappet; fixádevos ben, que esta vez os erros contan dobre.




Matemáticas: na materia de matemáticas da aula virtual xa tedes as actividades do profe Avelino.

Hora de Ler: empezamos co primeiro capítulo... un poquiño cada día.

Inglés: a profe Alba vai ir colgando as tarefas na aula virtual en canto lle sexa posible (pensade que nós 

Ciencias da Natureza: os que teñan xa acceso á páxina de Saviadixital teñen unha tarefa encomendada (bueno 4, pero é unha para cada sesión de clase desta semana). Lede primeiro o tema e contestade con seguridade; as actividades multimedia só tedes que facelas e xa recibo a resposta de xeito automático e as actividades en papel tédelas que adxuntar como imaxe ou como documento despois de facelas (podedes imprimilas, facelas no ordenador ou escribilas na libreta, o que vos resulte máis cómodo), na mesma páxina de savia dixital.
Os que non vos destes de alta aínda, eses son os deberes para hoxe... 

Pasade un bo día... 


Para acceder á aula virtual, premede na ligazón que está a seguir ou entrade na páxina web do colexio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario