jueves, 16 de abril de 2020

Actividades para o xoves 16 de abril

Hoxe xa é xoves...

Hoxe non toca Snappet nenos/as, pero para aqueles aos que lle apeteza seguir mellorando a súa comprensión lectora, vouvos deixar acceso a unha comprensión lectora moi interesante en Lengua Castellana.
Non esquezades que tedes que ler o libro que vos deixei na aula virtual, moitos xa me enviastes as preguntas do 1º capítulo, pero para os outros... animádevos que é moi entretido.

Ciencias da Natureza: imos continuar co repaso do tema 2. Para os que xa estades dados de alta na aplicación de saviadixital está todo aí: podedes ler o tema para repasalo e despois facede as actividades que vos asignei a cada un (hai dúas en liña e tres para facer por escrito). As actividades escritas podédesmas enviar dende a mesma plataforma ou ao meu correo. Unha vez entrades na aplicación, na parte superior tedes un apartado de notificacións que vos comunica as tarefas e a miña avaliación das xa feitas; no apartado de unidade dixital tedes o tema tal e como aparece no libro de texto e nos recursos interactivos tedes os vídeos e xogos de cada tema.
Os que aínda non estades dados de alta, déixovos aquí o tema en PDF e as dúas actividades que hai  que escribir para hoxe.


Actividade de repaso:
 https://drive.google.com/file/d/1UfT3pheIbvNLT11if5YSGcrtVO5Fp_T6/view?usp=sharing
Actividade de reforzo:
https://drive.google.com/file/d/1M3ahkvVKDm3NqG0vp-vOj4ETVaaC8vjD/view?usp=sharing

Inglés: a profe Alba xa tén as súas actividades na aula virtual.

Matemáticas: o profe Avelino xa vos tén as súas actividades na aula virtual.

Valores: imos intentar facer un mural entre todos. A actividade consiste en decorar a peza de crebacabezas que tedes a continuación (do tamaño dun folio) coa técnica plástica que desexedes e despois unirémolos para formar un mural colectivo.
Dentro da peza tedes que debuxar, pegar recortes, facer un collage... reflectindo aquelas cousas que vos fan sentir en paz, que vos fan sentir ben, seguros, contentos... en conclusión, o que máis tranquilidade vos transmita.









No hay comentarios:

Publicar un comentario