Déixovos a suxestión de actividades para hoxe; para calquera incidencia contactade comigo.
Agardo que a aula virtual vos estea resultando fácil de usar.
Lingua Galega: hoxe imos practicar a descrición de animais co snappet. A última actividade, a 2h, facédea nunha libreta ou nun folio e enviádema ao correo (lembrade que tedes que gardar todas as tarefas para levala ao colexio o día que volvamos), que animal é? Aproveitade tamén os vosos coñecementos de Ciencias da Natureza para completar a información.
Lengua Castellana: imos repasar o uso do diccionario, xa hai moito tempo que non o repasamos e non está demais recordar como se usa o dicionario.
Música: visitade o blog do profe de música e practicade un pouco (está na aula virtual ligado e senón na páxina web).
Educación Física: o profe Iago deixouvos suxestións no Paddel, veredes que divertidas.
Informática: tedes a suxestión de actividades na aula virtual.
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Primaria do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario