lunes, 20 de abril de 2020

Actividades para o luns 20 de abril

Hoxe dá comezo unha nova semana... ánimo que xa queda menos para poder volver ao colexio.

Lembrade que temos que ler o segundo capítulo de  La maravillosa medicina de Jorge e completar as preguntas que vos deixo na aula virtual, tedes toda a semana para facelo.

Matemáticas: mirade na aula virtual as actividades do profe Avelino.

Lengua Castellana: hai unhas semanas repasamos os artigos, así que imos hoxe repasar os determinantes demostrativos no snappet. Fixádevos ben porque este é un contido moi impotante que se da tanto en lingua galega como en lengua castellana dende 3º de primaria, e o próximo curso ídelo dar tamén, así que mellor levalo ben aprendido.
Mirade o vídeo e o resumo antes de empezar coas actividades.




Inglés: Mirade na aula virtual as actividades da profe Alba.

Lingua Galega: imos practicar o uso da "b" da "v". Fixádevos ben e aprendede esas pouquiñas regras que vos van valer para sempre.
Lembrades o noso dicionario ortográfico? Pois ímoslle engadir todas as palabras que erremos hoxe ao escribir, vale?



Ciencias Sociais: imos repasar os temas de historia e pehistoria, vale?
Non penso que deba seguir avanzando contidos que nunca vos expliquei e os temas de xeografía nunca os miramos, así que imos esperar a volver ao colexio para abarcar eses contidos.
Imos empezar pois polo repaso da prehistoria que demos o curso pasado e vos gustara tanto.
Empezamos lendo que é a historia, que son as fontes históricas e como se mide o tempo histórico (déixovos aquí un par de fotos, pero en savidixital tedes toda a información), páxinas 96 e 97.
Na app podedes ver un vídeo explicativo deste tema e realizar o xogo de unidades de medida do tempo histórico para mellorar os vosos coñecementos e que vos resulte máis sinxelo de recordar todo.
Unha vez lida a información facede as actividades 1, 2 e 4 da páxina 97 nunha folla ou libreta.






No hay comentarios:

Publicar un comentario