Quen o Sabe?
Hoxe é o Día do Libro.
E como non podía ser doutro xeito, pois é un día importantísimo, imos facer unha sesión de clase diferente.
1. En primeiro lugar, gustaríame que vos unísides á proposta que nos fai Pinco dende a biblioteca.
TODO O QUE QUEIRA PARTICIPAR, MANDARÁ UNHA FOTO ONDE SE MIRE O QUE ESTÁ A LER OU UN VÍDEO (30 SEGUNDIÑOS MÁXIMO), LÉNDOLLE UN CONTO, UNHA REVISTA, BANDA DESEÑADA, ... SERVE TODO SEMPRE QUE LEAMOS A CARÓN DA XANELA.
ONDE O MANDAMOS?
AO MEU ENDEREZO ELECTRÓNICO bibliopinco@gmail.com
Un microrelato é un texto breve en prosa (breve, breve... non máis de medio folio), pero ten que ter todas as partes dos relatos.
Este por exemplo
3. En terceiro lugar, imos facer unha procura do tesouro, vale?
Tedes que contestar as seguintes preguntas:
1. O 23 de abril de 1616, aínda que segundo distintos calendarios, morren tres grandes escritores universais; Cales son os seus nomes?
2. O 23 de abril de cada ano, e presidido polo
rei, outórgase o Premio Cervantes. En que lugar se desenvolve tan
importante acontecemento?
3. En que ano foi instituído o premio
Cervantes?
4. Que son os dereitos de autor/a?
5. Se hoxe é 23 de abril, cantos días quedan
para que termine o ano?
6. Explica o significado de UNESCO. (sigla)
7. En que comunidade autónoma, o día 23 de abril,
é habitual o intercambio de rosas e libros este día?
Para atopar a información consulta as seguintes páxinas:
E o tesouro escondido ao final da procura, descubrirémolo cando volvamos ao colexio.
Pero lembrade:
"O valor da lectura é
insubstituíble. Sen ela non é posible comprender a información contida nos
textos e asimilala dun modo crítico. A lectura estimula a imaxinación e axuda
ao desenvolvemento do pensamento abstracto.
Na actual sociedade da comunicación,
caracterizada pola sobreabundancia de datos, a lectura comprensiva ten
un papel clave para transformar a información en coñecemento. Para iso,
queridos alumnos e alumnas é fundamental que desenvolvades e consolidedes o
hábito lector."
Escribe unha pequena biografía do escritor (medio folio e só as cousas que entendas).
Busca información nas seguintes páxinas (coa primeira seguro que xa tés suficiente, e a última é un vídeo):
Valores: que vos parece se hoxe en valores vemos un conto de Roald Dalh. Unha versión diferente de La Cenienta, agardo que vos guste.
E se a alguén lle apetece facer un marcapáxinas cun pompón, déixovou un titorial dunha amiga miña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario