Cambiamos de mes... que ben... a min é o mes que máis me gusta. A ver se algún sabe cal é o motivo? Deixádeo nos comentarios se o sabedes.
E imos coas actividades de hoxe... ánimo que só quedan 3 días para as vacacións.
Lingua Galega: hoxe toca practicar un pouquiño a comprensión lectora no Snappet, pero fixádevos ben e lede as veces que fagan falta que ás veces cometedes erros por non fixarvos.
Lengua Castellana: o pasado venres repasamos os ditongos e hiatos en lingua galega, verdade? Pois agora imos repasar os diptongos e hiatos en lengua castellana no snappet.
Aquí vos deixo un esquema moi sinxeliño.
Música: xa se pon en contacto con vós o profe Sergio.
Educación Física: o profe Iago tenvos unhas actividades na páxina do colexio, clicade nesta ligazón e facede un pouco de exercicio (os vosos pais e nais tamén poden): https://padlet.com/iagorivlor/m9u9y4cv2o0r
Afondamento: imos practicar o resumo cunha actividade de Snappet, son moi poucas tarefas porque o que de verdade me interesa e que me fagades nun folio en branco a última actividade que é resumir a última película que mirastes.
Cando a teñades enviádema, pero non lle poñades o título a ver se polo voso resumo son quen de saber que película é.
O resumo non ten que ser moi longo, ao contrario, con 5 liñas ou 6 é suficiente.
Se vos interesa practicar o resumo, entrade na seguinte ligazón.
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Primaria do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Hola este mes te gusta porque estás de cumple!Tomè
ResponderEliminarMoi certo Tomé, e ti tamén.
ResponderEliminar