viernes, 17 de abril de 2020

Actividades para o venres 17 de abril

E xa rematou a semana... mañá toca descansar.
Matemáticas: na aula virtual tedes as tarefas do profe Avelino.

Lengua Castellana: imos repasar o xénero e o número. Como se formaba o feminino e o plural dos substantivos no Snappet. Penso que vos vai resultar moi sinxelo, por iso repasamos os dous contidos xuntos.
Pero iso si, fixádevos... sen présa.








Lingua galega: imos repasar algo de ortografía. A identificación da sílaba tónica e a separación da palabra en sílabas no Snappet.








Plástica: o outro día cando traballamos a descrición de persoas falamos das caricaturas, lembrádesvos? Pois imos practicar a facer unha caricatura de algún dos vosos ídolos: o que prefirades; cantantes, futbolistas, bailaríns, escritores/as...
Déixovos algúns exemplos e orientacións para empezar. Quen sabe quen son estes personaxes?
O máis importante é que teñades en conta que unha caricatura é un retrato que esaxera ou distorsiona os caracteres físicos  dunha personaxe, pero creando un parecido facilmente identificable.
Na maioría dos casos as caricaturas son cómicas e buscan provocar o riso.
En algunhas ocasións os integrantes de Polo Correo do Vento viñeron ao colexio e ensináronnos a facer caricaturas mentres nos contaban unha historia, facede memoria...
















 Este está en inglés, pero só as imaxes poden axudarvos. As miñas recomendacións son: debuxar un corpo pequeno e unha cabeza grande (que ocupe o mesmo só a cabeza que o resto do corpo); o corpo podédelo vestir coa roupa habitual dese personaxe (unha capa para un mago, o tutú da bailarina, o traxe de futbolista...); na cara esaxerade algún dos seus rasgos (facédelle o nariz moi longo, ou a boca moi grande, unha unhas gafas de cores (se leva gafas), etc.); e non vos esquezades de poñerlle o pelo curto ou longo segundo o teña, e da cor que adoite levalo.

Se o vedes moi complexo, podedes optar por facer a actividade caricaturesca que ofrecen nesta páxina: https://www.conmishijos.com/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/manualidades-c/manualidades-caricatura.html calquera das dúas opcións é válida.

Non vos esquezades de enviaramas ao correo silviapugalopez@gmail.com







Educación Física: probastes a clase de "hitt" do profe Iago? pois veña que é moi entretida e os vosos pais e nais tamén poden practicar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario