Non vos esquezades que en galego sempre levan diante o artigo.
Déixovos uns vídeos para que os teñades máis clariños.
Lengua Castellana: imos traballar os textos narrativos no snappet, lembrádesvos? os textos narrativos poden estar en 1º ou 3º persoa (a 2º persoa non é habitual) e para isto temos que empregar correctamente os posesivos, os verbos en 1º ou 3º persoa e os pronomes persoais adecuados.
E cando acabedes o snappet imos aplicar o aprendido nesta clase, na anterior e na de ciencias... déixovos a continuación un conto de como vivía un neno na prehistoria, quero que o leades e tendo en conta o que se explica no libro e o que xa sabedes da prehistoria e de como se narra unha historia en 1º PERSOA quero que me escribades un pequeno texto (unhas 10 liñas) sobre como sería a vosa vida, se vivísedes agora mesmo na prehistoria, é dicir, como sería a vosa vida no paleolítico ou no neolítico? que actividades fariades? como pasariades as horas? onde durmides? onde vivides?... usade o libro de inspiración.
Música: no blog do profe de música tedes tarefas desta materia para pasar tempiño divertido.
Educación Física: botádelle un ollo ás novas actividades do profe Iago.
Informática: o profe Avelino xa vos deixou as tarefas de informática na aula virtual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario