Comeza unha nova semana.
Lembrade que temos que seguir lendo o libro de "La marabillosa medicina de Jorge".
Matemáticas: tedes as tarefas do profe Avelino na aula virtual.
Lengua Castellana: lembrades que o venres estivemos traballando cos tempos verbais en lingua galega? Pois hoxe imos facelo en Lengua Castellana. Déixovos as actividades no snappet.
Inglés: tedes as tarefas da profe Alba na aula virtual.
Lingua Galega: imos traballar en galego algo de ortografía no snappet.
Cando empregamos es- ou ex? fixádevos na súa pronuncia e terédelo clarísimo.
Ciencias da Natureza: imos seguir estudando a saúde e a nutrición. Imos facer unha achega xeral ao tema para despois afondar cun pequeno proxecto.
É o tema 4 do libro de Ciencias da Natureza, e xa o demos tamén a finais de 3º así que supoño que vos resultará moi moi sinxelo.
Empezamos... mirade este vídeo primeiro.
Na plataforma de Saviadixital tedes acceso ao libro e deixeivos para ver outro vídeo algo máis curto sobre a función de nutrición.
Logo de ver o vídeo, tedes que ler as páxinas 66 e 67 (déixovos as imaxes aquí por se algún non as ve ben na plataforma), contestar as preguntas 1 e 2 e facer un esquema sobre os aparatos que interveñen na función de nutrición.
E por suposto o enigma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario