Deixeivos ademais un traballo asignado na plataforma Savia Dixital e por se non o podedes ver ben, tédelo tamén na aula virtual noutros formatos.
E logo de facer isto imos facer un pequeno traballo sobre os artistas na Prehistoria. Imos facer arte prehistórica... estou desexando ver as vosas producións.
Para realizar a vosa propia pintura rupestre podedes empregar os materiais que máis vos gusten ou que vos pareza que se asemellan mellor ás producións desa época.Na plataforma Saviadixital tedes un vídeo sobre a arte na Prehistoria para aprender un pouquiño máis.
E se vos apetece practicar un pouco e xogar, aquí tedes unhas ligazóns sobre a prehistoria:
Matemáticas:o profe Avelino deixouvos tarefas na aula virtual.
Valores: somos moito máis do que os demais poden ver. Menos mal que este cordeiriño ten un bo amigo que llo fixo ver.
Despois de ver a
curta tes que contestar as seguintes preguntas:
1.
Personaxes:
2.
Tema central da historia:
3.
Argumento:
§ Introdución:
§ No:
§ Desenlace:
4.
Conclusión:
5.
Valoración persoal:
E por suposto o encrucillado de hoxe.
Se alguén prefire seguir traballando no snappet, déixovos unha comprensión lectora voluntaria para quen o desexe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario