E xa rematou a semana... ademais con tanta calor.
Lembrade que temos a reunión de CiscoWebex ás 12:00.
Matemáticas: as actividades do profe Avelino están na aula virtual.
Lengua castellana e lingua galega: a partir de agora os venres ímolo dedicar ao reforzo dos contidos xa traballados nas linguas estes
últimos 2 meses.
Este reforzo ímolo realizar a
través do snappet e vai ser individual para cada neno/a (de tal xeito que non
colgarei información dos contidos a traballar aquí porque son individuais) e apareceralle na bandexa de snappet de listas de
traballo.
O traballo irá dedicado a reforzar aqueles contidos nos que obtivestes menos éxito e máis a realizar aqueles que vos foron quedando atrás ao longo dos
meses.
Engadirei a lista de traballo
todas as semanas e dedicaremos as sesións do venres a este reforzo do reforzo.
Plástica: hai un pintor que me encanta... pero non vos vou dicir como se chama. Ese é o voso traballo de hoxe... tedes que averiguar como se chama o autor deste cadro e onde naceu.
Unha vez que o averigüedes douvos dúas opcións de traballo:
1. Facer unha pequena biografía sobre o autor e sobre o seu estilo.
2. Imitar o seu estilo pictórico e realizar vós unha composición similar ás súas: podedes debuxar, recortar, compoñer... o que máis vos guste.
Educación Física: as actividades do profe Iago están no Paddlet da aula virtual.
E que non falte o enigma.
Gozade da fin de semana todo o que poidades e vémonos o luns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario