Ciencias da Natureza: continuamos co tema da nutrición, vale? Só nos queda un apartado do tema que inclúe dous subapartados: como se conservan os alimentos e cales son os hábitos saudables para a nutrición.
Ides ler a páxina que vos déixo a continuación (na plataforma de savia dixital védela moito mellor).
Logo quero que vexades este vídeo para que vos quede máis clariño, aínda que penso que é un tema que xa tedes moi ben entendido.
Ao rematar de ver o vídeo tedes un traballo asignado na aula virtual (tamén o tedes na aula virtual na carpeta do tema 4 de Ciencias da Natureza).
E agora que vos parece se facemos outro kahoot a modo de repaso?
Só tedes que entrar na seguinte ligazón e contestar ás preguntas... ÁNIMO
Unha vez dentro introducides o voso nome
E contestades as preguntas.
Mandádeme a captura final coa vosa puntuación, para ver que ben o fixestes.
Se vos pide o PIN é o seguinte: 07077939
Inglés: tedes as actividades da profe Alba na aula virtual.
Matemáticas: tedes as actividades de profe Avelino na aula virtual.
Valores: imos ver unha curta sobre o traballo en equipo.
E o acertijo de hoxe.
Deixovos na aula virtual unha ligazón do blog das profes Carmen e Pamela para que repasedes as regras de acentuación xogando. Animádevos a facelos cando teñades tempo, xa que sempre é mellor aprender xogando, non?
No hay comentarios:
Publicar un comentario