Lingua Galega: sabedes o que é unha biografía? é unha narración que conta a vida dunha persoa.
Pois imos practicar hoxe como se elaboran biografías no snappet e despois imos redactar unha biografía; douvos dúas opcións para a biografía: Carvalho Calero (do que seguro que atopades moita información en internet) ou algún dos vosos avós (así podedes ir visitalos ou chamalos por teléfono).
O primeiro que tedes que facer para escribir a biografía é recoller a información, é dicir, todos os datos que precisedes.
A biografía sempre empeza polo nacemento da persoa e despois hai que ir explicando onde viviu, como é/era a súa familia, a que se dedicou, quen eran os seus amigos, os seus gustos, as súas aventuras, etc. así ata a súa morte se xa faleceu e se continúa viva ata o momento actual.
No primeiro parágrafo debes presentar a persoa; cando naceu, onde naceu...
No segundo parágrafo debes falar da súa infancia.
No terceiro parágrafo debes falar da súa vida como adulto.
No cuarto parágrafo das cousas que fixo, que conseguiu...
E no último redacta unha pequena conclusión.
E agora uns conselliños para redactar ben, que nos valen tanto para a biografía como para calquera outra redacción:
En primeiro lugar
centra o tema do traballo.
En segundo lugar
procura a información que vaias necesitar.
En terceiro lugar
escolle os datos importantes.
En cuarto lugar
elabora un esquema previo.
En quinto lugar
fai un borrador e ten en conta que o texto debe seguir unha orde.
En sexto lugar
redacta a información. Para redactar a información debes ter en conta algúns
aspectos importantes:
- 1 Deixa
marxes (superior, inferior, á dereita e á esquerda), as marxes deben ser iguais
ou cando menos proporcionais.
- 2.
Escribe
con limpeza, evita os tachóns.
- 3.
Fai
unha letra lexible na que todas as letras teñan o mesmo tamaño e as palabras
estean separadas unhas de outras polo menos
2 cm.
- 4.
Escribe
os títulos máis grandes e se ten distintos apartados sepáraos de algún xeito.
- 5.
Separa
o texto en parágrafos e uso ben os signos de puntuación (puntos, comas, puntos
e coma…).
- 6.
Os
textos deben ter coherencia, cohesión e riqueza semántica, de tal xeito que as
oraciónns teñan sentido, estean relacionadas unhas coas outras e non empregues
sempre as mesmas palabras.
En sétimo lugar
revisa, revisa e revisa, non cometas erros ortográficos.
Lengua Castellana: imos continuar cos verbos, pero agora imos ver como podemos formar verbos a partir doutras palabras engadindo sufixos.
Do mesmo xeito que sucede coas outras categorías gramaticais, se engadimos sufixos a outras palabras podemos formar palabras novas, é o caso por exemplo de: color + ear = colorear; saludo + ar = saludar.
Música: no blog de música están as actividades do profe Sergio.
Educación Física: visitade o paddlet do profe Iago para seguir en forma.
Informática: tedes as actividades na aula virtual.
E non esquezamos o acertixo de hoxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario