Cando rematan as palabras en -d ou en -z e como forman o plural estas palabras? Se vos dá tempo facede as actividades de "seguir aprendiendo".
Lingua Galega: imos repasar os adverbios en galego, seguro que vos saen igual de ben que en castelán.
Matemáticas: as actividades do profe Avelino están na aula virtual.
Inglés: as actividades da profe Alba están na aula virtual.
Ciencias da Natureza: imos facer unha síntese do aprendido no tema de A saúde e a nutrición e valorar se os hábitos de alimentación da nosa familia son saudables ou non.
Para isto temos que preparar unha enquisa (só 5 ou 6 preguntas) e despois preguntarlle aos nosos familiares (pais, nais, avós, avoas, irmáns, irmás, curmáns, tíos, tías...).
O máis importante é elixir ben as preguntas. Por exemplo: lavas as mans antes de comer?, lavas os dentes despois de comer? comes entre 2 e 3 pezas de froita todos os días? bebes máis de 1 litro de auga ao día? comes doces todos os días? tomas varios tipos de verduras todos os días? dormes máis de 8 horas? practicas deporte con frecuencia?...
E despois recoller os datos nunha soa táboa, como máis vos guste.
E o enigma de hoxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario