viernes, 8 de mayo de 2020

Actividades para o venres 8 de maio

Lembrade que hoxe ás 12:00 podemos reunirnos na miña sala persoa de webex.
Se tedes algunha dúbida, enviádeme un correo.


Matemáticas: o profe Avelino deixouvos as actividades na aula virtual.

Lingua Galega: continuamos co estudo do verbo. Como ben sabedes os verbos son palabras que indican acción, e esta acción pode ter lugar no presente (eu leo), puido ter lugar no pasado (eu almorcei cando me levantei) ou pode ter lugar no futuro (ao rematar as tarefas comerei con miña nai).
Imos practicar.






Lengua Castellana: e como esta semana aínda non fixemos ningunha comprensión lectora, chegou o momento.
Ánimo que xa remata a semana.


Plástica: a próxima semana, o día 15 é o Día da Familia e gustaríame que fixésedes un collage para conmemorar ese día.
O collage pode ter a forma que vós desexedes e podedes empregar os materiais que queirades e teñades a man, o importante é que nese collage aparezan reflectidos todos os membros da vosa familia. Podedes poñerlle fotos, recortes, materiais ou obxectos importantes para cada un dos membros da familia, debuxos, recordos... o que vós desexedes xa que canto máis persoal sexa, máis fermoso será e conseguiredes captar a esencia da vosa familia.



Educación Física: visitade o paddlet do profe Iago e practicade algo de deporte.

E os acertixos de hoxe:




No hay comentarios:

Publicar un comentario