domingo, 10 de mayo de 2020

Recomendacións lectoras

Para todos aqueles nenos/as que queiran aproveitar este tempo de confinamento para ler, ler e reler... déixovos unhas suxestións lectoras baseadas na miña experiencia de "mamá".


«Los diarios de Cereza» foi galardonada co Premio ao Mellor Cómic Infantil de Angoulème, o premio de novela gráfica máis prestixioso de Europa.
Ademais se vos gusta, é unha serie enteira... as ilustracións son impresionantes e as historias moi intrigantes.


Publicada por primeira vez en 1726, foi sempre unha das obras preferidas de lectores novos e adultos, entre outras cousas, pola súa atrevida fantasía e pola crítica social que levan todos os seus viaxes.

Nesta edición encóntranse os catro viaxes que fixo Gulliver, que duraron 17 anos e 7 meses e nos que Lemuel Gulliver, se converteu nun home diferente.
As ilustracións, a encadarnación, a tipografía... todo é fantástico. Un libro de recordo para sempre.

E para aqueles que xa son "máis lectores" e lle gustan os libros de aventuras e misterio, tedes aos irmáns Kidd que se criaron a bordo de The Lost, buceando entre barcos naufragados para encontrar tesouros escondidos, desde espadas ata doblóns de ouro...  Pero un día os seus paiss desaparecen e agora empeza a maior caza do tesouro da súa vida. 
Tamén é unha colección, así que se vos gusta podedes seguir lendo.



Un clásico universal e imprescindible, por fin en galego para gozar das aventuras e extravagancias dunha nena rebelde, simpática e extrovertida, convertida nunha icona contemporánea. Porque con Pippi, a lectura é... unha grande aventura!


E para rematar por hoxe, Escarlatina de Ledicia Costas. Xa lemos un anaco deste libro nunha lectura do colexio, lembrádesvos?

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés.

Que pasará logo?

No hay comentarios:

Publicar un comentario