Xa recordamos que os verbos se clasifícan en 1º conxugación (verbos rematados en -ar no infinitivo), 2º conxugación (verbos rematados en -er no infinitivo) e 3º conxugación (verbos rematados en -ir no infinitivo).
Aprendemos tamén que os tempos verbais son presente, pasado e futuro.
Pois agora que xa sabemos iso imos ver como se conxugan os verbos segundo a súa conxugación. A teoría é un pouco complexa, pero por este ano ímola deixar e ímonos centrar só na práctica que a sabemos de sobra porque falamos correctamente, verdade?
Practicamos no snappet. É un contido moi moi importante así que facede tamén as actividades de "más práctica".
Lengua Castellana: e como o traballo de galego é bastante e hai que prestar moita atención, imos poñer un faciliño en lengua castellana, parécevos?
Imos practicar o uso de "r" ou "rr".
E quen sabe algún trabalinguas con "r" e "rr". Animádevos a intentar dicilo ou que o fagan mamá e/ou papá.
E enviádeme un audio que senón non sei se o facedes ben ou non, ou preferides dicirmo mañá na videoconferencia?
Matemáticas: as actividades están na aula virtual.
Inglés: as actividades están na aula virtual.
Ciencias da Natureza: continuamos coa nutrición, vale? Lembrade que estas que vos deixo aquí só son imaxes, tedes que acceder á plataforma Saviadixital.
Unha vez na plataforma accededes ao libro de Ciencias a Natureza e no tema 4 ledes a páxina 68 que fala do aparato dixestivo. Para completar a información podedes ver o vídeo que vos deixo na plataforma e máis o que vos deixo a continuación.
Unha vez lemos a páxina e miramos o vídeo, temos que facer un debuxo do aparato dixestivo no que incluamos o nome das súas partes (e se queredes a función que realizan).
E o labirinto de hoxe:

No hay comentarios:
Publicar un comentario