Como sucede cos pronomes persoais, as formas dos verbos poden estar en singular ou en plural e indican que persoa realiza a acción do verbo, pode ser 1º persoa (o falante ou falantes), 2º persoa (o oínte ou oíntes) ou 3º persoa (outra persoas).
Lengua Castellana: e como non todo vai ser escribir, hoxe toca falar. Primeiro imos repasar no snappet un pouco as formulas de cortesia e despois imos realizar a actividade 2P dialogando con alguén que conviva con vós, non ten que ser moi longo (con 20 segundos é suficiente) pero si temos que pronunciar correctamente e empregar as fórmulas de cortesía.
Grabádemo e enviádeme un audio ou un vídeo, o que prefirades.
Música: no blog de música tedes as actividades do profe Sergio.
Educación Física: visitade o paddlet do profe Iago que ten uns xogos novos.
Afondamento: o profe Avelino deixouvos actividades de informática na aula virtual.
E hoxe toca encrucillado:
No hay comentarios:
Publicar un comentario