lunes, 18 de mayo de 2020

Actividades para o luns 18 de maio

Comezamos a semana con ganas e ilusión, verdade? Xa queda unha semana menos.

Lembrade que temos que continuar lendo "La maravillosa medicina de Jorge" e que hoxe temos unha charla co CiscoWebex en https://eduxunta.webex.com/meet/silviapuga

Matemáticas: tedes as actividades de matemáticas na aula virtual.

Lengua Castellana: imos continuar traballando sobre as categorías gramaticais. Tócanos repasar hoxe as preposicións.
As preposicións son palabras que unen outras palabras que dependen entre si.





Inglés: tedes as actividades de inglés na aula virtual.

Lingua Galega: e hoxe repasamos algo de ortografía que xa sabemos e é moi sinxelo, vale? para empezar a semana pouco a pouco. Imos lembrar que os verbos que rematan en -bir escríbense con "b" en todas as súas formas verbais, agás VIR, SERVIR, VIVIR e os seus derivados (PREVIR, REVIVIR, SOBREVIVIR...).
Ánimo que é moi fácil de lembrar e imos desbotar moitas faltas de ortografía con unha regra moi moi sinxela.11

  



Ciencias da Natureza: imos continuar co tema da Nutrición que en breve empezaremos co proxecto dos Xogos Olímpicos e precisamos saber moito deste tema, xa que os deportistas de alto nivel non só teñen que adestrar dura senón coñecer ben as propiedades dos alimentos para alimentarse ben e ter un rendemento excelente.
A semana pasada estivemos repasando cales eran os nutrientes dos alimentos, lembrádesvos? pois hoxe imos lembrar como era a pirámide dos alimentos.
Despois de ler a información do libro de texto, podédela ler aí ou na plataforma saviadixital, imos ver un vídeo para que nos queda máis clariño.


Podedes xogar tamén na plataforma a un xogo de menús saudables (xa o intentaramos en 3º) e ver un esquema interactivos sobre a saúde e a nutrición.

E agora... a traballar. Imos facer unha pirámide dos alimentos. Podédela facer en papel recortando ou debuxando ou facela no ordenador, o que máis cómodo vos resulte.
Deixade voar a vosa imaxinación.






E hoxe no noso acertixo imos xogar coa lingua:






No hay comentarios:

Publicar un comentario