Hoxe é o Día Mundial da Nutrición.
Levamos xa uns días falando da Nutrición, así que penso que todos sabedes que debemos consumir para alimentarnos correctamente e que hábitos debemos ter. Pero por si acaso, aquí vos deixo un pequeno resumo.
E hoxe como é un día especial a actividade tamén vai ser especial... tedes que preparar unha merenda divertida e saudable con froitas e/ou verduras.
Como por exemplo:
Non vos esquezades enviarme a foto e a lista de ingredientes.
Inglés: tedes as tarefas da profe Alba na aula virtual.
Matemáticas: tedes as actividades do profe Avelino na aula virtual.
Valores: imos ver un vídeo e responder ás preguntas.
Quen son os protagonistas desta curta?
Cal é o tema principal?
Cal é a conclusión que extraes da curta?
E rematou o día... gozade da tarde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario