viernes, 15 de mayo de 2020

Actividades para o venres 15 de maio


FELIZ DÍA DA FAMILIA... 
APROVEITADE PARA GOZAR DELES E FACER ALGO EN FAMILIA.

Matemáticas: revisade a aula virtual para ver as tarefas do profe Avelino.

Lingua Galega: o 17 de maio é o Día das Letras Galegas, e aínda que este ano celebrarémolo no outono por causa da crise do Covid-19, imos traballar un pouquiño sobre a figura de Carvalho Calero.
Non podo subir documentos de word nin pdf ao blog, así que déixovolos na aula virtual.
Se alguén non os pode abrir, envíovolos noutro formato.

Se preferides traballar a figura de Carvalho Calero cun Escape Room, déixovos aquí a ligazón... iso si tédesme que enviarme unha captura de pantalla ou unha foto da última pantalla para que vexa que o conseguistes.
Animádevos que é moi divertido.


Preme na imaxe para acceder.
 
 Podedes escoller o traballo sobre Carballo Calero que prefirades: as fichas da aula virtual ou o escape room.

Lembrade os retos de Pinco que vos comentei na reunión do mércores.
Escribir 3 palabras en galego.
Enviarme unha foto da vosa portada de libro en galego favorita.
Redactar un microrelato de 250 palabras.


Lengua Castellana: imos realizar hoxe unha comprensión lectora en lengua sobre o "urogallo" e aproveitamos para practicar os esquemas. 

Plástica: O próximo día 17 de maio é o día da reciclaxe, por iso hoxe vou vos propoñer unha actividade con materiais de refugallo.

Sabedes o que é un atrapasoños? Os atrapasoños son uns adornos formados por un aro cunha rede no seu interior e decorados con diferentes obxectos. Trátase dunha tradición pertencente aos nativos norteamericanos que co tempo se difundiu e hoxe en día, son realizados por moitos artesanos. Os nativos crían que o atrapasoños «filtraba» os soños dos nenos/as mentres durmían, de maneira que os bos pasaban a través da rede e os pesadelos quedaban atrapadas nela, esvaecéndose ao amencer.

Pois imos intentar facer un. Podedes empregar os materiais que desexedes e facelo como a vós máis vos guste, eu déixovos aquí unhas suxestións de algunhas páxinas pero podedes escoller o que prefirades.




Para realizar este precisades:
  • Cds estropeados 
  • La de cores
  • Agullas de plástico para la
  • Tesoiras
  • Adornos variados.
  • Paso a paso:

https://elblogverde.com/como-hacer-un-atrapasuenos-casero/
https://www.pequeocio.com/4-atrapasuenos-caseros/





  Educación Física: revisade o paddlet do profe Iago.

Hoxe non temos enigma, xa que tede o escape room.

No hay comentarios:

Publicar un comentario