martes, 5 de mayo de 2020

Actividades para o martes 5 de maio

Empezamos a semana con moitas ganas despois duns días de descanso, verdade?

Lembrade que hoxe ás 12:00 temos a videoconferencia por Cisco Webex.

Lembrade tamén que temos que seguir lendo "La maravillosa medicina de Jorge".

Lengua Castellana: imos continuar co repaso das categorías gramaticais, é a quenda agora dos verbos. Lembrades que son os verbos? son as palabras que indica acción. Ímolos repasar no snappet, pero antes botádelle un ollo a estes vídeos e a este resumo para facer os exercicios correctamente.








Lingua Galega: xa hai moito tempo que non facemos un ditado, verdade? e sei que vos encantan... así que hoxe toca ditado. Ánimo que é moi sinxelo, pero fixádevos ben.

Matemáticas: o profe Avelino déixavos as tarefas na aula virtual.

Inglés: A profe Alba déixavos as tarefas na aula virtual.

Ciencias Sociais: continuamos coa Prehistoria, é a quenda agora da Idade dos Metais.
Imos ler a páxina 102 e a continuación realizaremos un resumo desta páxina e o exercicio 13 (se queredes podedes acompañar o exercicio dun debuxo).

Mirade o seguinte vídeo para que vos resulte máis sinxelo:







A partir de agora, todos os días vou ir engadindo aquí un enigma, un labirinto, un encrucillado... algo diso que me pedistes nas charlas da semana pasada, así ao rematar pasamos un anaco divetido e entetemos a nosa mente.
 A ver se vos gustan.



No hay comentarios:

Publicar un comentario